30 de nov. de 2016

Contos, contos e máis contos!

Durante esta semana tivemos tres sesións de contacontos, xa que aos días habituais de "Hoxe lenos..." e "Nais e pais de conto", engadimos o luns outra sesión de contos representados polas familias. Queremos agradecer e felicitar a todas as familias que están a participar nesta edición de "Nais e pais de conto", por axudarnos a fomentar a lectura entre o alumnado do centro. Tamén aproveitamos a ocasión para felicitar aos nenos/as, así como aos seus titores/as, polas obras que están representando os martes en "Hoxe lenos..."

O luns visitáronnos os pais de Mateo (1ºE.P.) para contarnos "La historia del pequeño lirón que no podía dormir" de Ed. Kókinos xunto ao seu fillo dun xeito moi ameno e divertido.
O martes os nenos/as de 3º leron a obra "A bruxa Sinforosa", coa que participaron no concurso escolar Teatro Lido Xosé Manuel Eirís.
O mércores foi a quenda dos pais de Lucía (1ºE.P.) que fixeron unha representación de cine mudo da obra "El chico" de Combel Editorial. Nesta xornada trasladámonos aos anos 20 (1921) para ver en acción a Charles Chaplin xunto as personaxes que participaban na trama.
MOITAS GRAZAS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...