Amosando publicacións coa etiqueta celebracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta celebracións. Amosar todas as publicacións

18 de maio de 2019

Feira conCIENCIAte: 30 de maio

.
Xa estamos chegando á recta final do noso PDI conCIENCIAte e para iso  estamos preparando no cole a Feira conCIENCIAte. Será o vindeiro xoves 30 de maio de 9:45h a 12:00h. Cada familiar que confirmou asistencia recibirá estes días unha pegatina co nome do grupo no que visitará a feira. É moi importante traer a pegatina ese día. Rogamos puntualidade xa que pecharemos as portas cando comece a actividade.
Desexamos que vos guste moito . As nenas e os nenos están moi ilusionados/as  coa preparación desta feira . Un ano máis grazas pola vosa colaboración e asistencia.


(Invitación elaborada por alumnado do centro)

Se picades no seguinte enlace podedes ver a nova publicada na Voz de Galicia coa información enviada polo alumnado de 6º de EP coa información sobe a Feira.

23 de out. de 2017

A BIBLIOTECA ESTÁ DE FESTA


O 24 DE OUTUBRO celébrase o día das bibliotecas. A pesares de que a nosa biblioteca está pechada nós  non quixemos pasar por alto este día.

Resultat d'imatges de imagen mochila viaxeira ceip canosa-rus
Esta semana saíron as mochilas viaxeiras para as casas das nenas e dos nenos! E esperamos que pronto Leoteca abra as súas portas. Estamos a traballar moito para que sexa o máis rápido posible!

Mentras tanto  elaboramos un vídeo entre tod@s no que os nenos e nenas  responderon  a pregunta...
QUE SIGNIFICA PARA TI ESTAR SEN BIBLIOTECA?
Pinchade no seguinte debuxo e descubriredes a resposta!



Os nenos e as nenas de 6º de EP prepararon algo especial para este día, isto é soamente un adianto...


E para rematares recomendamos ver este corto a modo de reflexión.

21 de mar. de 2017

Semana da poesía

Hoxe comezou a celebración da "Semana da poesía" na que se desenvolveran distintas actividades para conmemorar esta data tan significativa no calendario da nosa biblioteca, como é o 21 de marzo Día Mundial da Poesía promovido pola UNESCO.

30 de xan. de 2017

A paz comeza co seu desexo

Este foi o título que escolleron para a conmemoración deste ano do Día Escolar da Non Violencia e a Paz os nenos/as de 1º E.P., que culminaba a semana da paz na que o alumnado dos diferentes cursos do centro creou de xeito colaborativo o seu propio "Guernica". Seguindo o modelo facilitado na páxina web Actiludis, cada clase coloreou diferentes partes da obra con ceras brandas de cor negro, branco e gris.

17 de xan. de 2017

Semana da paz

BY ryo02x2 Licenza CC0 DP
O próximo 30 de xaneiro celebraremos o Día Escolar da Non Violencia  e da Paz no centro, pero comezaremos a preparar a xornada a partir da próxima semana con diversas actividades que se desenvolverán nas aulas e na biblioteca escolar.

13 de dec. de 2016

"Un Nadal de Cine" chega ao CEIP Canosa-Rus.

Ola a tod@s!
Estade moi atentos porque en moi poucos días terá lugar un espectáculo moi pero que moi bonito...o noso Festival " Un Nadal de Cine". Poderedes disfutar de actuacións orixinais interprestadas polo noso alumnado que está traballando moito para que todo saia moi ben, e seguro que así será!
Aproveitando o noso PDI "De espectadores a protagonistas" haberá moitas sorpresas relacioadas co cine, non volo podedes perder! Aquí vos deixamos a invitación para toda a familia e amig@s e desexamos que disfrutedes tanto coma nós deste espectáculo. Grazas pola vosa asistencia!


1 de dec. de 2016

DinosauRus premiado!!

Hoxe vén de facerse pública a resolución do III Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou coa participación da biblioteca escolar, na que o PDI DinosauRus, que se desenvolveu durante o pasado curso 2015/2016 no centro, resultou premiado na categoría de Proxectos coordinados desde a biblioteca na temática científica. A información tamén pode consultarse no blogue de Bibliotecas Escolares de Galicia. Aproveitamos para agradecer o traballo que se desempeña desde o Equipo de Asesoría de Bibliotecas Escolares por difundir e dar a coñecer o labor que se desenvolve desde as Bibliotecas Escolares galegas, e en particular polas situadas no rural.

24 de out. de 2016

Feliz Día da biblioteca!!

Hoxe estamos de festa por partida dobre, por un lado abrimos a nosa biblioteca para que a visitedes nos recreos, por outro tamén celebramos o Día da Biblioteca. Por este motivo e utilizando o pregón de Ledicia Costas para este día os nenos/as de 4º de E.P. realizaron un vídeo co que tamén aproveitamos para dar o pistoletazo de saída ao Proxecto Documental Integrado "De espectadores a protagonistas" que estará adicado ao cine.

11 de out. de 2016

"De espectadores a protagonistas"

Xa temos data para a apertura da biblioteca, e preparádevos, porque será o 24 de outubro, que ademais é o Día da Biblioteca. Estamos organizando  diferentes actividades para conmemorar este día e tamén para dar o pistoletazo de saída ao proxecto deste curso adicado ao cine e que xa ten nome "De espectadores a protagonistas".

26 de maio de 2016

Entrega de premios do Certame Literario Escolar Asunción Antelo.

O pasado venres 20 de maio, tivo lugar a entrega dos premios do Certame Literario Escolar Asunción Antelo no concello de Coristanco. O acto contou coa presenza da propia Asunción, que pasou un bo rato  cos premiados/as e co alcalde e a concelleira de Cultura.
Neste Certame participaron todos os centros educativos de Coristanco e as modalidades literarias foron: narrativa, banda deseñada , poesía, cómic e monográfico.
Parabéns a todos e todas os premiad@s e ao alumnado que participou cos seus traballos!


 Para ver a nova no xornal, picade enriba
La Voz de Galicia




17 de mar. de 2016

Poesía sodes vós

Durante esta semana estivemos conmemorando o "Día Internacional da poesía" que terá lugar o próximo 21 de marzo.

9 de mar. de 2016

Semana da poesía

Con motivo da proximidade do 21 de marzo, día no que se conmemora o Día Mundial da poesía, no centro decidimos que a  próxima semana celebraremos a "Semana da Poesía" con diversas actividades.

26 de xan. de 2016

Pegadas de Paz

Como xa comentamos en anteriores entradas o día 30 de xaneiro conmemórase o día Escolar da non violencia e a paz. Para celebralo facilitamos neste blogue ao profesorado diverso material co que traballar esta temática. Así mesmo quixemos realizar diferentes actividades na propia biblioteca durante esta semana.

5 de dec. de 2015

Premio para "Rus entre planetas"


"Cando realmente queres unha cousa, todo o Universo conspira para axudarche a conseguila"
P. Coelho
  
A comunidade educativa do CEIP Canosa-Rus está de noraboa, xa que o pasado xoves publicouse a resolución do II concurso de traballo por proxectos, promovido desde a Biblioteca Escolar, no que resultou galardoado, dentro da temática científica, o PDI "Rus entre planetas", no que investigamos e aprendemos máis sobre o Sistema Solar.
Queremos agradecer a implicación e empeño no traballo das diferentes fases tanto do alumnado como das súas familias, así como ao claustro que promoveu e dinamizou o desenvolvemento do proxecto. Sen a participación dalgún deles este éxito non sería posible.

26 de nov. de 2015

Día Internacional contra a violencia de xénero.

Neste día Leoteca quérevos recomendar unhas historias moi interesantes para traballar nas aulas e nas casas. Pero tamén gustaríalle recordarvos de que todos os días son bos para respectar aos outr@s e tamén son bos para rexeitar a violencia.


O meniño Nito: Entón, os homes chora ou non?
Autor: Sonia Rosa
Os homes choran ou non choran? Ese é o dilema no que se encontra Nito, e que lle trae non poucos problemas até que por fin, coa axuda do Doutor Aymoré, consegue resolver as súas dúbidas. 





Un día de treboada.
Autora: Mª Teresa Mata.
Unha terrible treboada ameaza unha aldea galega. A intervención da nai de Aldara axudará a salvar a situación e provocará importantes cambios nas relacións entre os seus habitantes.






Portada de Alfombriña
Alfombriña.
Autora: Cristina Ferreirós.
Con Alfombriña, obra ilustrada pola súa propia autora de forma moi orixinal, Cristina Ferreirós móstranos unha historia na que á súa protagonista non lle gusta que lle digan o que ten que facer, ela quere decidir por ela mesma.






Con esta selección de libros  preténdese romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. 

E hoxe, día 25 de novembro, a profe Vero contoulles un conto a 1º,2º e 4º de Educación Primaria na "Hora de ler". A historia é moi especial e aos nen@s encantoulles: Xela Volveuse vampira.

Xela volveuse vampira.
Autora: Fina Casalderrey

Finalista do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil do Ano dos             III Premios da Edición de Galicia. Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira?













12 de nov. de 2015

Novembro mes da ciencia en galego

Vía Bibliotecas Escolares de Galicia
Durante o mes de novembro celébrase o "Mes da ciencia en galego nas bibliotecas". Acompañamos a entrada cunha imaxe utilizada pola Xunta de Galicia para promocionar esta celebración durante o mes.

30 de out. de 2015

Para nós a biblioteca é...

O pasado venres 23 de outubro celebramos no centro o Día da Biblioteca. Decicimos homenaxear á nosa Leoteca gravando un vídeo no que o alumnado de cada un dos cursos do CEIP Canosa-Rus nos contase que era para eles/as a biblioteca.
A continuación vos presentamos como quedou, agardamos que vos guste.

22 de out. de 2015

Día da biblioteca

O próximo sábado 24 de outubro será o Día da Biblioteca, e Leoteca non quere pasar ese día sen unha felicitación. Con este motivo mañá venres 23 os nenos/as do CEIP Canosa-Rus farán a súa homenaxe a este espazo tan importante no centro, que alberga grandes tesouros, estimula a nosa imaxinación e nos axuda na nosa aprendizaxe a través de todo o coñecemento que alberga.
Pero non vos esquezades que a mellor maneira de homenaxeala é mantela viva, chea de lectores/as que acotío utilicen os seus recursos.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...