Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións

12 de nov. de 2019

ESTAMOS DE NORABOA CO TEATRO LIDO !

Un ano máis as nenas e nenos do noso cole participaron no concurso "Xose Manuel Eirís" de Teatro Lido do concello de Carballo. Os sete grupos de EP ( de 1º a 6º ) foron a radio Voz durante o  mes de outubro para  gravar os fragmentos das súas obras. Acudiron como participantes 352 alumnos/as de 14 centros da comarca. Gustaríanos felicitar a todos eses nenos e nenas e aos seus centros pola súa ilusión e participación. 
Chegaron á final 7 grupos, 4 na categorías de EI e EP e 3 na categoría de secundaria. As nosas nenas e nenos de 1º de EP chegaron á final! Co grupo dos golfiños e coa obra "O peixe de ouro". Esta final celebrouse o pasado domingo 10 de novembro de 2019 no Pazo da cultura de Carballo e quedaron no terceiro posto, NORABOA !!!  Animamos a todo o alumnado a seguir participando neste concurso e en moitos outros que fomenten os valores,  a lectura e o teatro. As obras do noso cole tamén foron gravadas en CanosaOnda. Nos próximos días estarán subidos ao noso canal de radio estas gravacións. En Radio Voz emitiranse entre o día 11 e o 13 de novembro e entre o 18 e o 21 de novembro.
            Podedes ver a nova do xornal picando na seguinte imaxe.

Resultado de imaxes para imagen la voz de galiciaq




20 de nov. de 2018

Hoxe lenos!



Os martes os cursos que o desexen, na hora de ler, poden preparar un conto para representarllo a outros cursos! Este martes os nenos de 3ºA interpretaron a obra  O lobo no banquiño aos nenos de infantil e de 1º. O final o lobo sería inocente ou culpable?

1 de mar. de 2016

Teatro na hora de ler

Durante esta semana os nenos/as do centro representaron diferentes obras teatrais para os demais cursos na hora de ler.

26 de feb. de 2015

Cóntame un conto: A Lúa ladroa

Mañá estades convidados a presenciar a representación teatral do conto A Lúa ladroa de Pablo Albo e Pierre Pratt da editorial OQO. Os nenos/as de 3º representarán a función para o alumnado de 4º e do primeiro ciclo de Educación Primaria. Ao finalizar a obra de teatro, os alumnos/as de terceiro porán a proba a atención do público contando unha serie de adiviñas, algunhas moi coñecidas, outras non tanto e mesmo algunhas inventadas polas propias nenas/os. Atentos!

6 de out. de 2013

Unha visita moi especial

Ola a todos e todas!
O pasado venres día 4 de outubro tivemos a visita no cole da  BRUXA XABARICA E A SÚA CURMÁ!
Descubrimos que son amigas da nosa Leoteca e ademáis dixéronnos que Leoteca pronto volverá ao noso cole e abrirá a biblio! Que boa noticia! Mentres tanto deixamos posto este vídeo para que vexades a estas bruxiñas tan divertidas!

A BRUXA XABARICA E A SÚA CURMÁ
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...