28 de feb. de 2016

Resumo en imaxes da semana de exposicións nas aulas e corredores.

Despois da semana das exposicións nas aulas e corredores, chegamos a unha conclusión: que divertido é aprender e compartir! Todos os grupos mostraron moito entusiasmo tanto á hora de expoñer os seus materiais ,como á hora de escoitar aos demais. Foi unha oportunidade moi boa para intercabiar experiencias , explicar curiosidades, preguntar dúbidas entre @s nen@s de todo o colexio.
Moitas grazas a todas  ás familias polo material enviado para as exposicións.
Aquí deixamos un resumo en imaxes desta semana.

Semana de exposicións polas aulas e corredores on PhotoPeach

23 de feb. de 2016

Exposicións de aula: aprendemos dos compañeiros/as

Durante esta semana os nenos/as das diferentes aulas están explicando as exposicións que montaron co material que trouxeron das súas casas para traballar o proxecto e que están utilizando para aprender máis sobre os dinosauros.

19 de feb. de 2016

17 de feb. de 2016

Paleontólogos/as DinosauRus

Queres ter o carné de paleontólogo/a? Atentos a esta entrada que vos explica como conseguilo.
Desde o Equipo de Biblioteca e o Equipo de dinamización das TIC queremos que todos teñades o voso “carné de paleontólogo selado”. Para conseguilo teredes que responder a varias preguntas relacionadas cos dinosauros, e que aparecerán publicadas neste blogue. A información obterédela consultando diferentes libros da biblioteca ou procurando a información en Internet.

15 de feb. de 2016

"Sete dun golpe"

Retomamos a programación tanto de Nais e pais de conto e Hoxe lenos... con dúas actividades realizadas pola avoa dun alumno de 6º E.P. e o curso de 3º de Educación Primaria.

12 de feb. de 2016

Descubrimos os trilobites!


Hoxe visitaron o centro tres membros da Asociación Paleontolóxica Galega, visitade o seu blogue para atopar máis información. Durante a xornada Antonio, Hugo e Darío transmitiron con entusiasmo en que consiste a profesión de paleontólogo/a, os requisitos que se necesitan para desenvolvela, ademais de realizar obradoiros cos fósiles.

Enigma na audioteca

Na audioteca apareceu a fotografía dun compositor contemporáneo, o seu nome é John Williams. Desde o panel animámosvos a investigar máis sobre este autor respondendo ás preguntas:

4 de feb. de 2016

Chegou o entroido!

Mañá venres celebraremos o entroido no colexio con diversas actividades promovidas desde os diferentes equipos do centro e relacionadas con PDI DinosauRus, coordinado desde o equipo de biblioteca.

3 de feb. de 2016

Reseña no blogue de Bibliotecas Escolares de Galicia

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/836
Con motivo da concesión dun dos premios na categoría de ciencia no II Concurso de Traballos por proxectos, aparece publicado no blogue de Bibliotecas Escolares de Galicia unha reseña do PDI Rus entre planetas, con acceso aos diferentes recursos realizados, así como á memoria do proxecto.
Recomendamos a visita a este blogue que ofrece moita información sobre o funcionamento das Bibliotecas Escolares, así como máis reseñas dos outros proxectos premiados; que consideramos moi relevantes, xa que constatan o bo traballo que se está a desenvolver noutros centros galegos, coa biblioteca como dinamizadora.
Moitas grazas pola difusión e pola entrada!

1 de feb. de 2016

Un becho extraño

O próximo mércores visitará a biblioteca a nai de Aldara (6º E.I.), que xunto coa súa filla escenificarán o conto "Un becho estraño" escrito por Mon Daporta, ilustrado por Óscar Villán e editado por Kalandraka.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...