Durante esta semana os nenos/as das diferentes aulas están explicando as exposicións que montaron co material que trouxeron das súas casas para traballar o proxecto e que están utilizando para aprender máis sobre os dinosauros.
O luns realizaron a explicación os alumnos/as de Educación Infantil e ao longo da mañá foron pasando os diferentes cursos pola zona de exposicións que se habilitou para realizala. Así os nenos/as de 4º - 5º e 6º de E.I. presentaron os libros, figuras de dinosauros, películas e outros obxectos que achegaron para esta exposición.
O martes os nenos/as de 1º e 2º de E.P. presentaron nas súas aulas as montaxes que realizaron co material e explicaron algún aspecto aprendido a través dos materiais que achegaron entre toda a clase.
O xoves será o alumnado de 3º e 4º de E.P. os que ensinen o seu traballo, quedando para o venres a visita ás aulas de 5º e 6º de E.P.
Semana na que seguimos aprendendo dos nosos compañeiros/as!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.