21 de dec. de 2016

Os nosos heroes

Coa finalización do trimestre queremos agradecervos a todos/as a implicación no desenvolvemento das diferentes actividades que vos vimos propoñendo desde a biblioteca durante os últimos cursos, converténdovos en auténticos heroes para nós. Moitas grazas.

20 de dec. de 2016

Obradoiro na zona "Faino ti mesmo" (e arredores)

Durante o luns e o martes os nenos/as de 5º E.P. estiveron dirixindo e ensinando aos nenos/as dos cursos de 3º-4º-5º-6º que quixeron aprender a realizar unha man robótica nos recreos de ambos días.

Premios trimestrais

O pasado venres entregamos uns agasallos aos lectores que máis libros levaron prestados da biblioteca, que nesta ocasión foron Sarai (3º E.P.) e Ángel (2ºE.P.)

16 de dec. de 2016

A beleza do sinxelo

Na última edición do 2016 dos Venres son curt@s temos unha obra na que pensaremos sobre a importancia do traballo en equipo, sobre a colaboración para acadar obxectivos comúns fronte a competitividade e a individualidade, que neste caso provocan que dous dos protagonistas non acaden as súas metas. As veces o máis sinxelo triunfa.

15 de dec. de 2016

Historias marabillosas agardan por ti!

By Mysticsartdesign Licenza CC0 DP
Aproveitando o próximo período vacacional queremos propoñervos algunhas lecturas coas que coñeceredes a novos personaxes, visitaredes outros lugares, viaxaredes no tempo...

14 de dec. de 2016

A familia cos Bolechas e o escornabot

Nesta ocasión a mestra Vero e os nenos/as de 1º de E.P. preséntannos un taboleiro para traballar as relacións de parentesco e familiares, xunto coas personaxes dos Bolechas.

13 de dec. de 2016

"Un Nadal de Cine" chega ao CEIP Canosa-Rus.

Ola a tod@s!
Estade moi atentos porque en moi poucos días terá lugar un espectáculo moi pero que moi bonito...o noso Festival " Un Nadal de Cine". Poderedes disfutar de actuacións orixinais interprestadas polo noso alumnado que está traballando moito para que todo saia moi ben, e seguro que así será!
Aproveitando o noso PDI "De espectadores a protagonistas" haberá moitas sorpresas relacioadas co cine, non volo podedes perder! Aquí vos deixamos a invitación para toda a familia e amig@s e desexamos que disfrutedes tanto coma nós deste espectáculo. Grazas pola vosa asistencia!


12 de dec. de 2016

Viaxando co cine

O pasado venres todos os grupos do centro, agás 4º de Educación Infantil, visitamos diferentes espazos adicados ao cine na Coruña dentro da programación do PDI De espectadores a protagonistas, no que aprenderemos sobre distintos aspectos relacionados co cine.

Xogamos e cantamos con Paco Nogueiras

O pasado mércores visitou a biblioteca Paco Nogueiras xunto coa súa maleta chea de contos para os nenos/as de Educación Infantil, por cortesía da Editorial Kalandraka.

2 de dec. de 2016

Venres afumados!

"Un vendedor ambulante chega ao pobo ofrecendo unha extraordinaria mercancia..." Este será o comezo da curta desta semana producida por Primer Frame Escuela de Animación finalista na 27 edición dos premios Goya na categoría de Mellor curtametraxe de animación.

1 de dec. de 2016

O escornabot e o monstro de cores

Proposta de xogo que combina ao escornabot e o libro "O monstro de cores" de Anna Llenas co que traballaredes as emocións a través da robótica. O taboleiro elaborárono as mestras Alba e Alicia xunto cos nenos/as de 5º de Educación Infantil. Xunto coa imaxe do taboleiro tamén incluimos as instrucións do xogo.

DinosauRus premiado!!

Hoxe vén de facerse pública a resolución do III Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou coa participación da biblioteca escolar, na que o PDI DinosauRus, que se desenvolveu durante o pasado curso 2015/2016 no centro, resultou premiado na categoría de Proxectos coordinados desde a biblioteca na temática científica. A información tamén pode consultarse no blogue de Bibliotecas Escolares de Galicia. Aproveitamos para agradecer o traballo que se desempeña desde o Equipo de Asesoría de Bibliotecas Escolares por difundir e dar a coñecer o labor que se desenvolve desde as Bibliotecas Escolares galegas, e en particular polas situadas no rural.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...