31 de maio de 2020

Extra, extra! Leoteca ten unha importante noticia.

       EXTRA, EXTRA, LEOTECA TEN UN COMUNICADO PARA A RAPAZADA DE INFANTIL!

Podedes mandarlle a vosa resposta ao correo das profes, que elas seguro que saberán onde atopala. 

26 de maio de 2020

AVALIAMOS A BIBLIOTECA.-

     Coa intención , por unha banda ,de seguir mellorando desde a biblioteca escolar e por outra, coller folgos para o vindeiro ano , agradecemos que cumplimentedes a seguinte enquisa. Soamente debedes entrar na que se corresponda ao  voso perfil ( familia, neno ou nena  de 4º,5º e 6º, ou mestre) e dárlle a enviar. Agradecemos que empleedes un anaquiño do voso tempo para responder a enquisa.



25 de maio de 2020

TRABALLOS ELABORADOS POLO NOSO ALUMNADO: LETRAS GALEGAS E MÁIS!


Ola  nenos e nenas, son Leoteca:
Hoxe  escribo para contarvos o orgullosa que me sinto e todos vós! Acaba de caer nas miñas mans o vídeo que ides a ver a continuación. Nel aparecen moitos dos vosos traballos elaborados tanto para o PDI “Amar o mar” como para as Letras Galegas.  Sobre todo está centrado na banda deseñada (cómics ) , debuxos, poesías e caricaturas do autor homenaxeado, Ricardo Carballo Calero. E ademais este vídeo ten uns presentadores moi especiais! Mirade, mirade...


No seguinte enlace podedes entrar no blog do Equipo de dinamización da Lingua Galega do cole, “Vente Vindo” e atoparedes máis traballos vosos. Ao longo dos  días aínda aparecerán máis.

vente vindo


De verdade que estou impresionada co que traballades nenas e nenos do CEIP Canosa-Rus! Bótovos moitísimo de menos, pero xa queda un chisquiño menos para vernos, seguide así e moitas gracias por todo o voso traballo! Espérovos coidando da biblio do cole. Unha forte aperta. Leoteca.

14 de maio de 2020

LIBROS NA DISTANCIA

Unha das miñas máis grandes preocupacións é que non leades. Ando sempre a argallar como podedes facer. Aquí teño unha gran solución. Se botades de menos a  colección Xerónimo, os cómics, os libros de investigación, libros para os pequenos, películas .... soamente debedes entrar nesta páxina: 


Nela rexistrádesvos, se tedes o carné da biblioteca de Carballo non fai falta que o fagades, e podedes desfrutar de infinidade de libros. Estarei encantada de que me reenviedes o libro que estades a ler. Prometo contestar os correos. Animádevos.
Biquiños Voadores.

8 de maio de 2020

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...