26 de nov. de 2017

25 de novembro: Leoteca contra a violencia de xénero.

Para conmemorar o día 25 de novembro dende Leoteca propuxemos unha serie de actividades. Traballamos  diferentes lecturas nas aulas relacionadas ca temática e fixemos unha pequena exposición temporal xunto cun mural que elaboraron os alumnos/as de 6º de EP.
Resultat d'imatges de xela volveuse vampira

Tamén volvemos a traballar co libro "Xela voleuse vampira" de Fina Casalderrey, xa coñecido polo noso alumnado.Nesta ocasión os alumnos/as aprenderon a canción que trae este libro ao final e o venres 24, os nenos/as de 2º de EP fixeron unha interpretación teatral adaptada deste libro ( que levaron o ano pasado ao Teatro Lido de Carballo). Ao rematar a actuación , todo o cole cantou a canció que aprenderon durante a semana. Algúns nenos/as de 1º e 6º de EP interpretaron esta canción a linguaxe de signos. Nos seguintes vídeos podedes ver alguhas das imaxes da semana e canción do día 24 de novembro.

E de como se fixo o mural


Tamén queremos deixar un vídeo que nos parece interesante para traballar este tema nas aulas.


24 de nov. de 2017

PROXECTO " RADIO NA BIBLIO"

Ven de publicarse a  Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 17 de novembro de 2017, pola que se dá a coñecer a relación dos 20 centros que se integran no proxecto piloto "Radio na biblio", para a introdución da radio nas bibliotecas de centros públicos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares que matriculan alumnado de infantil, primaria e secundaria, para o curso 2017/2018. O noso centro foi seleccionado! Podedes picar nos seguintes enlaces para ver a Resolución ,a nova no xornal e recursos .
Comezamos unha nova aventura con Leoteca con moita ilusión!


La Voz de Galicia - Edición Carballo

Laboratoiro de radio: Cursos y eventos de radio

15 de nov. de 2017

A CAIXA DE PANDORA

Este foi o resultado da actividade de presentación do proxecto LENDARIO. Dunha caixa de madeira saíron estas obras de arte!!!  Preme no seguinte enlace!



ACTIVIDADE A CAIXA DE PANDORA


3 de nov. de 2017

O PDI LENDARIO chega ao comedor do cole!

A partir do mes de outubro cada día de fin de mes teremos un menú especial relacioado con lugares de lenda. Nesta ocasión aprendimos cousas sobre a lenda do monstro do Lago Ness, de Escocia. 

Por este motivo disfrutamos  dun menú especial  típico de Escocia. Tamén o profe Alberto tocou agaita escocesa e un alumno, Hugo, trouxo información sobre esta lenda e a expuso polo micrófono para todos os compañeiros/as no comedor . Neste vídeo podedes disfrutar dos mellores momentos.


Queremos agradecer as nosas cociñeiras por formar parte do PDI LENDARIO coas súas receitas tan especiais.
                                    Coulibiac                                   Año á escocesa

                                                        Galletas de manteiga

E para este mes de novembro todos a investigar a lenda de Breogán! Que menú teremos a final de mes? 

RADIO NO CEIP CANOSA-RUS: XVII Concurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís"

O noso alumnado na radio...
Alumnos/as de 2º a 6º de educación primaria do CEIP Canosa-Rus participaron na XVII Concurso Escolar de Teatro lido "Xosé Manuel Eirís". Fixérono todos  moi ben e estamos de noraboa xa que os nenos e nenas de 2º de EP " Teatrús"  chegaron á final na súa categoría coa obra " Buscando superheroes".

concurso
Por esta participación o  Concello de Carballo e a Asociación Cultural Telón e Aparte organizadora do Festival Internacional Outono de Teatro, comprácese de convidarnos  xunto a todas/os as/os nenas/os participantes, que este ano foron arredor de 275, ao acto da Final  que terá lugar este domingo 5 de novembro ás 18.00 horas  no auditorio do Pazo da Cultura do Concello de Carballo.

Na final os grupos seleccionados volverán a interpretar os seus fragmentos teatrais e tras unha nova deliberación do xurado, realizarase a entrega de premios aos gañadores. A continuación terá lugar unha chocolatada para todos os participantes que ademais recibirán un diploma .

Moita sorte e lembrade que o importante é participar!

E tamén houbo unha carta en reivindicación por unha  Galicia verde...

Aproveitando a visita á Radio Voz, os nenos e nenas de 2º A quixeron dar a súa opinión do tema dos incendios en Galicia a través dunha carta. Leron esta carta e foi emitida pola Radio e tamén foi publicada no xornal. Grazas a estes alumnos/as por unhas palabras tan sinceras e cheas de razón e sentimento.

No hay texto alternativo automático disponible.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...