24/04/2015

Así vivimos a semana na biblioteca...


Durante esta semana estivemos realizando diferentes actividades na biblioteca para celebrar que o 23 de abril celébrase o Día do libro. Deste xeito realizáronse cos diferentes cursos de Educación Primaria talleres de creación de marcapáxinas, os nenos e nenas de Educación Infantil tamén participaron. Nos recreos todo o alumnado puido deixar, no mural dos libros, as súas lecturas preferidas

22/04/2015

A pataca que amaba a Lúa



Ola nenos/as! Como ben sabedes,  o concello de Coristanco é coñecido como A terra da pataca, e así llo queremos facer saber a todos os alumnos/as implicados no PDI Rus entre planetas.

14/04/2015

Concurso Interestelar na semana do día do libro

Fonte: Pixabay
Licenza CC0 PD

Ola nenos/as! A próxima semana celébrase o día do libro, xoves 23 de abril, con este motivo aproveitaremos para entregar os premios do concurso Interestelar que se celebrou durante as pasadas semanas.

10/04/2015

Encontro virtual "O monte é a nosa vida"

O pasado 18 de marzo os nenos/as de  3º ciclo de Educación Primaria participaron na Biblioteca dun encontro virtual con motivo da Xornada Día da árbore (Confemadera). Durante a conferencia falouse sobre a importancia das árbores na nosa vida diaria, os bosques do mundo e a súa importancia, ademais do problema dos incendios. Ao finalizar a charla abriuse un tempo de preguntas no que os alumnos/as puideron solventar as súas dúbidas cos relatores.
A continuación deixámosvos a videoconferencia completa.
Que vos pareceu esta iniciativa? Tedes algunha outra dúbida relacionada coa charla?


09/04/2015

Visita de Ledicia Costas

Ola nenos/as! O mércores visitounos Ledicia Costas, a autora galega que escribíu o libro Escarlatina a cociñeira defunta, que estiveron lendo os nenos/as do 3º ciclo, e que tiña como ilustrador a Víctor Rivas.

07/04/2015

Concurso interestelar. Semana 4: a solución.

Finalizou a 4ª semana do noso concurso, e con ela o concurso, nesta entrada atoparedes a solución ás tres preguntas que se facían. Ao final aparece a clasificación, lembrade que para poder optar aos premios tiñades que participar todas as semanas do concurso.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...