10 de abr. de 2015

Encontro virtual "O monte é a nosa vida"

O pasado 18 de marzo os nenos/as de  3º ciclo de Educación Primaria participaron na Biblioteca dun encontro virtual con motivo da Xornada Día da árbore (Confemadera). Durante a conferencia falouse sobre a importancia das árbores na nosa vida diaria, os bosques do mundo e a súa importancia, ademais do problema dos incendios. Ao finalizar a charla abriuse un tempo de preguntas no que os alumnos/as puideron solventar as súas dúbidas cos relatores.
A continuación deixámosvos a videoconferencia completa.
Que vos pareceu esta iniciativa? Tedes algunha outra dúbida relacionada coa charla?


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...