31 de mar. de 2019

Coñecendo os laboratorios do Parga Pondal.


 Seguimos cos movementos de saída dentro do PDI conCIENCIAte.Os nenos e nenas de 4º,5º e 6º visitaron os laboratorios do IES Parga Pondal. Alí, dúas mestras , invitáronos a adentrarnos na investigación da física e da química. Descubriron, a través da elaboración de diferentes experimentos, un pouco máis sobre a presión a electricidade, a auga, a mestura de distintos compoñentes... Moitas grazas!!!!



Marie Curie na porta da aula de inglés.-

Unhas nenas de quinto, xunto coa mestra de inglés, elaboraron o retrato da gran Marie Curie! Que artistas!!


26 de mar. de 2019

Hoxe lenos...


Hoxe na hora de ler, catro compañeir@s de 2º de EP ( Carla, Noelia, Pablo e María) contáronlle o conto de " O galo Quirico" aos nenos/as de 1º e 2º de EP. 
Este conto ensinounos a importancia de dicir a verdade sempre. Grazas por contarnos esta historia compañeir@s!




1º programa "Come ben"

Seis nenos/as de 2º de EP levan un tempo preparando o primer programa dunha nova sección da nosa radio que se chama "Come ben". Nesta sección trataranse diferentes temas relacionados coa alimentación do noso centro. Neste primer programa falan entre outras cousas dos menús de fin de mes, de quen inventou a radio, etc e tamén fanlle unha entrevista a nosa cociñeira Rosa que nos explica moitas cousas. Moitas grazas a@s rapac@s e a Rosa!




Para poder escoitar o programa picade no seguinte enlace:


                                                   Come ben.Segundo comunica.








Unha visita moi especial en "Canosa onda"

A semana pasada viñeron de visita ao cole seis compañeiras de 6º do curso anterior ao noso que agora cursan 1º da ESO. Aproveitamos a ocasión para entrevistalas na radio. Foron dous nenos de 2º de EP, Pablo P. e Lucía L. os entrevistadores. O programa esta dentro da sección  "Canosa xente" e o podedes escoitar no seguinte enlace. Grazas pola visita!



 Para escoitar o programa podedes picar no seguinte enlace:
Ca nosa xente. antigas alumnas.2º comunica



25 de mar. de 2019

Continuamos cos talleres conCIENCIAte

O mércores pasado continuaron os talleres de ciencia que se están a levar a cabo no cole por parte dor profesores Jose Mª de la Viña e Pablo Mira. Esta vez tocoulle o turno aos nenos/as de 3ºA e 3ºB.  Moitas grazas a estes profesores dos que tanto estamos aprendendo!







24 de mar. de 2019

HOXE LENOS...

O xoves pasado catro alumnos/as de 2º de EP (Sara, Carlota, Martín e Lara)  contáronlles un conto aos nenos/as de 2º, 3º e 4º de EP. 
O conto titúlase “Coas mans baleiras” e móstranos o verdadeiro valor da amizade. 

Resultado de imaxes para coas mans baleiras

Moitas grazas a estes/as nenos/as por preparalo con tanta ilusión! Fixérono xenial!





Novos retos no recuncho "Feito con xeito"

O venres da semana pasada estreamos dous novos retos no recucho "Feito con xeito".

Por unha banda, coñeceremos os superpoderes do papel... Como pode unha simple folla de papel tremar dunha morea de libros? Como podemos facer que o papel voe? Descubrirémolo durante os próximos venres ata as vacacións de Semana Santa.
E por outra banda, a nosa nova mesa dos escornabots. Irémosvos contando próximas utilidades que lle daremos a esta mesa. Pero no seu estreo a varias alumnas de 1º, 3º e 6º xa se lle ocurriron varias ideas, como a de esconder o escornabot, poñer obstáculos, seguir un camiño para chegar a un castelo ou facer un concurso de qué escornabot é capaz de tirar máis "fichas de dominó". A imaxinación e a creatividade dos rapaces e rapazas facilitará que esta mesa sexa un gran recurso no noso recuncho. Xa vos iremos contando novidades!!!






21 de mar. de 2019

DÍA DA POESÍA CON POÉTICAS DIVERSAS


Regueifas, pareados, poesías de sempre , Rosalía sempre viva, María Canosa, Manuel María, as poesías dos nosos pequenos escritores...  foron gravadas na nosa RADIO porque a poesía debe ser recitada e ... despois de ler moitas... empezar a crear. Aquí deixamos diversos programas, composicións... 

/span>


ILUSTRAMOS POESÍAS DE MARÍA CANOSA.


ACRÓSTICOS 1º POÉTICAS DIVERSAS.

COMPOSICIÓNS POÉTICAS 6º.

ACRÓSTICOS 1º





20 de mar. de 2019

NAIS E PAIS DE CONTO.-


 Os nenos de infantil encántanlle os contos de lobos. Manu e a súa mamá leron   un conto no que o protagonista era un lobo... Grazas!


14 de mar. de 2019

ANUNCIANDO A SEMANA DA PRENSA.



Unhas nenas de 2º anunciaron a semana da prensa na radio.






Talleres conCIENCIAte

Esta semana continuamos cos talleres de ciencia que imparten os profesores José María de la Viña e Pablo Mira. Nesta ocasión traballaron co alumnado de educación infantil e de 1º de educación primaria. Fixeron varios experimentos moi interesantes cunhas varitas máxicas que facían mover uns barcos e que separaban as cores dun prato... como pode darse este fenómeno?
Estade moi atentos/as ao vídeo destas sesións de ciencia. E unha vez máis , grazas a estes profes por compartir os seus coñecementos cos nenos/as do noso cole. O vindeiro luns  a sesión de ciencia será para 3ºA e 3º B. 

13 de mar. de 2019

SEMANA DA PRENSA.



Estes días os nenos e nenas estanse achegando a biblioteca para ollar os xornais que alí hai.  Con motivo da semana da prensa os pícaros están a ler periódicos de distintos tipos... e prestando especial atención as noticias que teñen que ver coa ciencia.



12 de mar. de 2019

NAIS E PAIS DE CONTO.-


"Tango para tres" é o título do conto que hoxe nos contou a mamá de Andrea de 5º.  A historia de dous PINGÜÍNS que se namoran encántoulle aos nenos e nenas de 5º e  6º. Grazas por transmitir estes valores a través dos contos.




11 de mar. de 2019

MULLERES CON CIENCIA.-


Paleontólogas, ciruxanas, volcanólogas... son profesións relacionadas coas ciencias onde están presentes mulleres. Os nenos e nenas de sexto buscaron información sobre mulleres que estivesen ligadas a  ciencia e fixeron un programa de radio.
Tamén se traballaron e estudaron distintas mulleres que teñen moito que decir.





5 de mar. de 2019

ENTROIDO CONCIENCIATE

Este ano tocou facerlle unha homenaxe a personaxes da ciencia e ós inventos máis extranbóticos.  Partindo do PDI conCIENCIAte , os nenos e nenas, disfrazáronse desta temática. Pararelamente a esto, o noso meco este ano foi o mismísimo Newton .A el  fixemoslle caso cos mandadiños.
A mestra de EF preparou cos nenos de quinto e sexto un coreografías de ACROSPORT relacionadas co PDI.

Non menos curioso foi a explicación por parte da nosa compañeira Mariló do entroido de Viana do Bolo. Para rematares os nenos de sexto tiveron un gran éxito coa súa empresa GALEGUIÑ@S 3D.












NAIS E PAIS DE CONTO!!


Estes días andamos de sorte. As mamás dos cativos seguen visitando a nosa biblioteca. Neste caso, Silvia a mamá de Alma, e Sonia, a mama de Lucía, sorprenderonnos con dous contos fantásticos!! Grazas por colaborar!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...