24 de mar. de 2019

Novos retos no recuncho "Feito con xeito"

O venres da semana pasada estreamos dous novos retos no recucho "Feito con xeito".

Por unha banda, coñeceremos os superpoderes do papel... Como pode unha simple folla de papel tremar dunha morea de libros? Como podemos facer que o papel voe? Descubrirémolo durante os próximos venres ata as vacacións de Semana Santa.
E por outra banda, a nosa nova mesa dos escornabots. Irémosvos contando próximas utilidades que lle daremos a esta mesa. Pero no seu estreo a varias alumnas de 1º, 3º e 6º xa se lle ocurriron varias ideas, como a de esconder o escornabot, poñer obstáculos, seguir un camiño para chegar a un castelo ou facer un concurso de qué escornabot é capaz de tirar máis "fichas de dominó". A imaxinación e a creatividade dos rapaces e rapazas facilitará que esta mesa sexa un gran recurso no noso recuncho. Xa vos iremos contando novidades!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...