25 de mar. de 2018

Vai de signos




Existen moitas lendas e mitos entorno as constelacións e os signos do zodiaco. Este ano estámolas a estudiar no PDI Lendario. Coa impresora 3 D realizamos , para cada neno, un colgante co seu signo de zodiaco.


O MEU SIGNO DO ZODIACO

23 de mar. de 2018

A galiña e os pitos




Cóntase que o día de San Xoán, antes de raiar o sol, anda unha galiña con pitos de arredor destas pedras.

Unha señora da zona comentou o seguinte: “ Para ir ao muíño eu tiña que pasar por estas pedras, e díxenlle a miña nai que o día de San Xoán,  ben cedo, me mandara á aceña  moer o millo,  para poder ver a galiña. Fun, pero non a vin”.
Esa galiña veu a biblioteca, e deixou ovos espallados. Menos mal que se atoparon todos. Ademais realizamos a galiña coa impresora 3D.

                                                          

SEMANA DA POESÍA


  Esta semana celebramos na biblioteca a semana da poesía. Antonio García Teijeiro foi o inventado de honor. Grazas por navegar polo mar dos nosos soños!

As fadas tamén visitaron a biblioteca e axudámoslle a escribir unhas poesías en follas. Para rematar, no recuncho Einsten apareceu unha flor e, coa axuda do microescopio, tiñamos que investigar se desa flor nacería unha fada, ademais de intentar recoñecer as partes dunha flor. 

NAVEGAMOS POLO MAR DOS SOÑOS CON TEIJEIRO

22 de mar. de 2018

Saída de lenda pola contorna.


 A pedra da Arca, San Hadrián, O Monte Neme... son lugares que esconden  lendas verdadeiramente fascinantes. Despois de traballalas nas aulas, de localizalas e buscalas no google maps, de contar as lendas na radio... decidimos visitar eses lugares... e que sorpresa levamos!! Alí estaban as meigas coma se da véspera de San Xoán se tratase. Grazas meigas por estar alí!
Tamén lle debemos estar moi agradecidos  a Xan e Evaristo, verdadeiros expertos da zona, que fixeron de guías!


VIDEO SAÍDA POLA CONTORNA

16 de mar. de 2018

OS ESCORNABOTS NUN CONCURSO DA ONCE!

Os alumnos/as de 6º de primaria, na materia de valores sociais e cívicos participaron no 34 Concurso da ONCE: "Reinvetemos xunt@s unha escola para tod@s". O obxectivo era elaborar un cartel para traballar a inclusión na escola de todo o alumnado. Est@s sete alumn@s decidiron elaborar un taboeiro de escornabot a modo de cartel no que crearon un xogo con palabras relacionadas coa igualdade. A continuación podedes ver unha explicación de dúas das alumnas que formaron parte deste traballo. Dentro duns días o taboleiro estará dispoñible para xogar no recuncho de "Feito con xeito" da nosa Leoteca.Dentro duns días tamén colgaremos no noso canal de "Canosa Onda" uha entrevista ao alumnado participante . Esperamos que tod@s sigamos disfrutando moito cos escornabots.



15 de mar. de 2018

ESCORNABOT DE LENDARIO



 Os nenos e nenas de quinto realizaron un fantástico taboleiro de escornabot. Nesta actividade o alumnado  ten que levar o escornabot a casilla onde a solución dun acertixo lle indica. Quen é o deus do amor? Sabes recoñecer unha esfinxe? Coñeces o can de Hades?...





CANOSA ONDA


Canosa Onda é o nome que lle quedou a radio que montamos no noso colexio. Despois de que os nenos debuxasen diferentes logos decantámosnos por este.  Leoteca prestounos o seu sombreiro para crealo. Agora toca converterse en locutores e locutoras!!!






Neste vídeo podesdes ver os deseños finalistas das aulas e algunhas propostas de nomes. Noraboa aos gañador@s e a tod@s por participar!


NAIS E PAIS DE CONTO: WONDER


Wonder é un libro que nos recorda que todos somos únicos e que, por moi diferentes que sexamos todos somos especiais. Grazas Juan por contar este bonito conto.

11 de mar. de 2018

NAIS E PAIS DE CONTO DESDE A IGUALDADE



"Cando as nenas voan alto" é un libro que invita a reflexionar sobre os estereotipos que hai na sociedade respecto o xénero femenino. Ivana e Aldara puxéronlle voz a este conto que recorda as nenas que non leven pedras nos bolsillos e que voen libremente. Encantounos!!
Aquí vos deixamos o vídeo.

Contando lendas en Hoxe Lenos.-







Hoxe comezou a sección da biblioteca "Hoxe lenos" onde os nenos contan historias ou lendas a outros nenos do colexio. A lenda da Pedra da Arca, a do Pozo Negro e a lenda de San Andrés de Teixido foron as elixidas por tres nenas de terceiro para contarlle os cursos de quinto e sexto. Estiveron xenial!!! Se queredes saber máis sobre estas lendas ou outras podedes visitar o blogue do EDLG VENTE VINDO.

9 de mar. de 2018

HÉRCULES DA LECTURA.






Leoteca colocou na biblioteca unha caixa moi especial que se les moitos contos unha boa recompensa terás. Hoxe  agasallou a unha nena coa medalla que levaba Hércules ao nacer e que lle regalou o mismísimo Zeus! Lucía levou a medalla por ser unha Hércules da lectura.

UN HÉRCULES DA LECTURA

8 de mar. de 2018

SEMANA DA PRENSA


Esta semana na biblioteca tivemos a oportunidade de ler as novas en distintos tipos de xornais. Temos que decir que, despois de lelos, descubrimos que hai máis novas con sucesos que nos entristecen que novas con acontecementos que nos alegran.😰

4 de mar. de 2018

Visita de ÍNTEGRO a Leoteca !

A semana pasada o alumnado e 6º de EP puidero disfrutar dunha visita moi especial. Leoteca abriu as súas portas para levar a cabo  unha actividade de prevención de lesións medulares por parte da asociación Íntegro, coa que xa compartimos diferentes vivencias en cursos anteriores.
Foi unha tarde moi interesante da man de Adolfo, presidente de Íntegro; Teresa socia e voluntaria e de Sandra,traballadora social da asociación.
Os nenos e nenas de 6º quixeron facerlles un pequeno agasallo de parte de Leoteca, un chaveiro con  forma de elefante de cor azul feito coa impresora 3D e que representa o noso rincón da biblio "Feito con xeito".
Unha vez máis dende o CEIP Canosa-Rus queremos agradecer a Íntegro pola súa colaboración e estamos desexando compartir novas experiencias.
Se picades na seguinte imaxe podedes ler a nova que escribiron na páxina de Íntegro deste día.

post

3 de mar. de 2018

MOSTRAMOS A CASA DE LEOTECA



O pasado 16 de febreiro Leoteca mostrou a súa renovada biblioteca. Aquí están os enlances dese día tan especial.

MOSTRANDO A BIBLIOTECA 1


MOSTRANDO A BIBLIOTECA 2

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...