Cóntase que o día de San Xoán,
antes de raiar o sol, anda unha galiña con pitos de arredor destas pedras.
Unha señora
da zona comentou o seguinte: “ Para ir ao muíño eu tiña que pasar por estas
pedras, e díxenlle a miña nai que o día de San Xoán, ben cedo, me mandara á aceña moer o millo,
para poder ver a galiña. Fun, pero non a vin”.
Esa galiña veu a biblioteca, e deixou ovos espallados. Menos mal que se atoparon todos. Ademais realizamos a galiña coa impresora 3D.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.