26/11/2015

Día Internacional contra a violencia de xénero.

Neste día Leoteca quérevos recomendar unhas historias moi interesantes para traballar nas aulas e nas casas. Pero tamén gustaríalle recordarvos de que todos os días son bos para respectar aos outr@s e tamén son bos para rexeitar a violencia.


O meniño Nito: Entón, os homes chora ou non?
Autor: Sonia Rosa
Os homes choran ou non choran? Ese é o dilema no que se encontra Nito, e que lle trae non poucos problemas até que por fin, coa axuda do Doutor Aymoré, consegue resolver as súas dúbidas. 





Un día de treboada.
Autora: Mª Teresa Mata.
Unha terrible treboada ameaza unha aldea galega. A intervención da nai de Aldara axudará a salvar a situación e provocará importantes cambios nas relacións entre os seus habitantes.






Portada de Alfombriña
Alfombriña.
Autora: Cristina Ferreirós.
Con Alfombriña, obra ilustrada pola súa propia autora de forma moi orixinal, Cristina Ferreirós móstranos unha historia na que á súa protagonista non lle gusta que lle digan o que ten que facer, ela quere decidir por ela mesma.






Con esta selección de libros  preténdese romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. 

E hoxe, día 25 de novembro, a profe Vero contoulles un conto a 1º,2º e 4º de Educación Primaria na "Hora de ler". A historia é moi especial e aos nen@s encantoulles: Xela Volveuse vampira.

Xela volveuse vampira.
Autora: Fina Casalderrey

Finalista do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil do Ano dos             III Premios da Edición de Galicia. Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira?













Mes da ciencia en galego: "Maxia vs Ciencia"

O pasado mércores 18 de novembro celebramos o mes da ciencia en galego cunha actuación na que se propoñía un enfrontamento entre "Maxia e ciencia", grazas á colaboración do Concello de Coristanco. Nesta actuación un científico "estranxeiro", un pouco tolo, enlazou algunha cuestión científica, relativa as cores, as matemáticas, o son, a astronomía e os efectos ópticos, coa maxia. Os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º participaron activamente nas actividades que se propuxeron e disfrutaron dunha xornada máxica.

23/11/2015

Dinoconcurso: semana 3

A terceira procura que deberedes realizar terá tres partes, e teredes que achegar a vosa resposta antes do venres 5 de decembro, día no que se pechará a participación desta semana. A continuación expoñémosvos o reto.

Dinoconcurso semana 2: a solución


O tempo para contestar ás preguntas planetexadas na semana 2 do Dinoconcurso rematou o venres, ofrecémosvos a solución e as clasificacións semanais e xeral.

12/11/2015

Novembro mes da ciencia en galego

Vía Bibliotecas Escolares de Galicia
Durante o mes de novembro celébrase o "Mes da ciencia en galego nas bibliotecas". Acompañamos a entrada cunha imaxe utilizada pola Xunta de Galicia para promocionar esta celebración durante o mes.

11/11/2015

Dinoconcurso: semana 2

Seguimos coa exploración da biblioteca. Nesta segunda semana do Dinoconcurso terás que atopar os dous libros que detallamos a continuación.

05/11/2015

Como montamos unha exposición?

Mañá venres, as mestras Laura e Cris, realizarán unha presentación ao alumnado na que ademais de aprender sobre os dinosauros tamén o farán sobre o que son os museos, a montaxe dunha exposición e sobre recorridos virtuais. Entre outros os obxectivos son que aprendan a montar a súa propia exposición, así como fomentar a investigación na visita aos museos.

Algúns dos dinosauros que aparecerán son o Triceratops, Allosaurus, Tyrannosaurus, entre outros.
Ao finalizar a sesión entregarase unha "ficha de investigación" coa que poidan lembrar e aplicar o explicado.
Abride ben os ollos! Aparecerán imaxes sorprendentes. Estades preparados para montar a exposición da vosa clase?



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...