28 de feb. de 2018

Montaxe da radio na biblio.

Boas a tod@s!
Despois de un tempiño adquirindo o material e preparando o espazo, esta semana comezamos a montar a radio con Javier, de Rede Espora. Estamos moi content@s xa que os nenos e nenas xa poden empezar a facer as súas primeiras prácticas no mundo da radio. Pero antes de meternos " no aire", Leoteca propuxo unha actividade ás clases que podedes ler na carta que enviou hoxe!


Estes días as nenas e nenos irán coñecendo o que é a radio e levaran a cabo as súas primeiras intervencións. Seguiremos co acondicionamento do espazo para que sexa o máis bonito, funcional e motivador posible.
Neste vídeo podedes ver algunhas das imaxes da montaxe con Javier e o comezo da elección do logo e do nome da nosa radio.


26 de feb. de 2018

PORTA MEIGA E ROSALÍA DE CASTRO



  Na biblioteca hai unha porta ben rara: nin se abre , nin se pecha....  se non que viaxa. A través dos códigos QR podemos ver, nunha imaxe, videos moi interesantes.  Soamente se necesita un IPAD ou un móvil.  Nesta porta ten un lugar especial Rosalía de Castro, a escritora galega máis importante da nosa historia.  Escoitade este poema ao que Amancio Prada lle puxo música.

Adios ríos, adíos fontes

20 de feb. de 2018

ENTROIDO LENDARIO!

Boas a tod@s!
A continuación podedes ver un vídeo con algunhas das imaxes da xornada do entroido Lendario. Gustaríanos agradecer ás familias a súa colaboración coa elaboración dos produtos típicos e polos disfraces tan orixinais que lles fixeron ou mercaron a@s nen@s relacionados coa temática do PDI Lendario. Aínda que o tempo non acompañou foi unha xornada moi entretida. Noraboa e a seguir espertando a vosa imaxinación!


Preparativos para unha nova aventura, radio na biblio!


Radio na Biblio 256pxComo xa sabedes estamos entre os 20 centros que comezaron este curso co Proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria "Radio na biblio".Como Leoteca estivo tan ocupada para poder abrir as súas portas todavía non se comezou a emitir, pero dende o centro estamos coa adquisición e preparación do material, habilitación dun despacho cerca da biblio que será o estudo de gravación, habilitación da antiga "audioteca" como lugar de preparación dos programas, etc. Tamén  comezaremos este mes e a formación para o alumnado e o profesorado. Estamos moi content@s e ilusionad@s de comezar este camiño. Durante estes días tamén elexiremos entre tod@s o nome e un logo para o noso estudo, tedes algunha suxerencia? Este será o noso estudo unha vez preparado, como quedará cando rematemos? 

 E este será o espazo para preprara e anunciar os programas.


Irémosvos informado das novidades e dos avances nesta nova aventura e estamos desexando que poidades participar da nosa radio.






17 de feb. de 2018

E por fin chegou o gran día, Leoteca está de inauguración!


Como xa sabedes onte, 16 de febreiro,  Leoteca estivo de festa, abriu as súas portas para inaugurar a súa ampliada  e mellorada biblioteca  grazas  a nosa inmersión no Plan Lía 2 e a colaboración da Dirección Xeral de Recursos Humanos e asesorías de bibliotecas. Pola mañá tivemos a inauguración para as autoridades da Xunta que colaboraron coa biblio, membros de asesorías de biblioteca, membros dos CEFORE de Vimianzo e Coruña, director@s e responsables de biblio doutos centros da contorna, os alcaldes de Carballo e Coristanco e concelleiros ,parte da directiva da nosa ANPA e por suposto alumn@s que levaron a  cabo a presentación do acto. Pola tarde puideron disfrutar do mesmo as familias que o desexaron.
Os/as nenos/as foron os auténticos protagonistas deste día , mostraron a biblio, as súas funcións, fixéronlles algunha entrevista aos alí presentes, repartiron agasallos feitos coa impresora 3D con forma da nosa bruxa Leoteca  e estiveron atentos/as  de que todo saíra correctamente. Temos que felicitar ao noso alumnado pola súa labor e ilusión !
Tamén gustaríanos agradecer a asistencia e participación no acto das persoas convidadas.Debemos de dar tamén un agradecemento especial as nosas  cociñeiras do centro pola súa dedicación na elaboración dos pinchos que se puxeron despois do acto. 
Para poder ler as novas e ver os vídeos que publicaron os xornais podedes picar nas seguintes imaxes.
Proximamente colgaremos o vídeo do día neste blogue.

Así fue la puesta de largo de la nueva biblioteca del Canosa-Rus.

Neste enlace  poderedes ver as entrevistas que fixeron os nenos/as ao Director Xeral de Recursos Humanos e ao Xefe Territorial.


Neste outro enlace poderedes ver a   de 6º de EP mostrarlle á periodista a biblioteca de xeito espontáneo.



Montaxe de fotos da presentación as familias.


Video da actuación que realizou unha nena de 5º cantando " Adeus ríos , adeus fontes" de Rosalía de Castro.








7 de feb. de 2018

Inauguración Leoteca: 16 de febreiro de 2018

O EAL ( Equipo de Apoio de Leoteca) queren recordarvos que o vindeiro 16 de febreiro Leoteca estará de festa. Para isto elaboraron as seguintes invitacións coa técnica do croma que están aprendendo. 




Preparando a inauguración da nosa biblioteca "Leoteca"

Ola a tod@s:
Como xa sabedes o vindeiro 16 de febreiro Leoteca estará de festa, xa que ese día faremos unha inauguración da nova  e remodelada biblioteca, que agora grazas a nosa inmersión no Plan Lía II, conta con novos espazos de investigación e aprendizaxe. 
O día 16 están convidados/as aquelas persoas que formaron parte da creación da nosa mellorada biblio. O acto levarase a cabo  ás 10:30 horas na biblioteca do CEIP Canosa-Rus.
Pola tarde, ás 14:40 h será o turno das familias que desexen coñecer o funcionamento e as novidades de Leoteca.
O EAL ( alumnado de Equipo de Apoio de Leoteca) de 6º de EP , prepararon estes dous trailers como adianto a este día.  Tamén prepararon unhas invitacións coa técnica do Croma que poderedes ver proximamente. Esperemos que disfrutedes moito con estes traballos e esperámosvos o día 16!





2 de feb. de 2018

Escalibur






Escalibur é sen dúbida a espada máis famosa do mundo. Tivemos a sorte de que na biblioteca se impremise unha coa impresora 3D!!! Despois de traballar a lenda do rei Arturo, os nenos personalizaron a espada escribindo os nomes dos protagonistas da lenda!Buscaron a información en enciclopedias e libros xa que ese día non había internet no cole! Agora todos os días un neno levará a espada xunto co libro para ler na casa.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...