28 de feb. de 2021
Día de ROSALÍA
30 de nov. de 2020
Mes da ciencia en galego.
Células, corpo humano, animais en perigo de extinción, experimentos desde a casa... forno algunas das actividades realizadas no mes de novembro... todo desde a investigación e a creatividade.
24 de nov. de 2020
XELA VOLVEUSE VAMPIRA : IGUALDADE NO CANOSA-RUS
Ola a tod@s! As nenas e nenos de 4º A contaron na radio un conto moi coñecido xa no noso cole...Xela volveuse vampira, de Fina Cadalderrey. Con este conto traballaron o día 25 de novembro: Día internacional contra a violencia de xénero.
O contaron en 6 podcast que podedes escoitar a continuación. Eu estou dexesando escoitalos/as...e vós?
17 de nov. de 2020
CONTOS DENDE A CASA: IGUALDADE NO CANOSA-RUS
Ola nenos e nenas!
A entrada de hoxe está adicada ao dia 25N: Día contra a violencia de xénero. Ao longo desta semana irei subindo máis traballiños adicados a este tema.
Por unha banda temos dous contacontos moi especiais, como vos prometín!
Sara, de 4ºA, con " Princesa Kevin" de Michael Escoff
NOVA SECCIÓN DE LEOTECA: "CONTOS DENDE A CASA"
Ola a todos e todas:
Son leoteca e hoxe estou moi contenta porque da comezo unha nova aventura no noso blog! Lembrades que estes últimos cursos facíamos no cole "Hoxe lenos" e "Nais e pais de conto"? Pois como agora non poden visitarme tantas familias no cole nin podemos xuntar cursos decidín propoñervos unha idea:
Que vos parece se os contos os contades dende a casa coas vosas familias ou vós sós e os gravades, ou en audio ou en vídeo, e os enviades a leoteca@ceipcanosarus.net?
A min paréceme unha idea xenial! Así cada semana poderemos publicar un ou dous contacontos. A temática é libre , podedes contar contos que levedes do cole, que teñades na casa, contos inventados, historias sobre o mar, lendas, etc. Que nerviosa estou por recibir todos os vosos vídeos e audios!
Pois hoxe inauguramos esta sección "CONTOS DENDE A CASA" con tres vídeos moi especiais.
No primeiro , as protagonistas son Carla e Lucía e os seus papás.
" Alex pinta un cuadro" de Hanne Hanne Türk e "O misterio dos fillos da Lúa " de Fina Casalderrey estrean esta sección.
CONTO
1 de nov. de 2020
FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO PARA 4º DE PRIMARIA
Esta semana os nenos e nenas de 4ºA e 4º B recibiron unha formación sobre a radio moi divertida da man de Sole. Aprenderon diferentes cousas como: buscar sons para facer programas de radio, a orde de presentación dos programas, ideas de como organizar o traballo, ideas de como facer un conto na radio, etc. Agora temos que poñernos mans a obra en na materia de " Expresión na radio". Moitas gracias a Sole por ensinarnos tantas cousas!
25 de maio de 2020
TRABALLOS ELABORADOS POLO NOSO ALUMNADO: LETRAS GALEGAS E MÁIS!
29 de abr. de 2020
Creacións do noso alumnado.
CUENTO
CONTOS
POESÍAS
CONTOS NORMALIZACIÓN
MÁIS CONTIÑOS
25 de abr. de 2020
CONTACONTOS NA REDE: "DE TAL CUENTO, TAL ASTILLA"
Temos tres novos contos en " De tal cuento, tal astilla". Dende Leoteca queremos volver a dar as gracias a Erica González por facernos desfrutar tanto con estes contos e compartilos con nós ! GRACIAS!!! Estade moi atentos/as porque son moi divertidos!!!
Rumpelstiltskin por Erica Gonzáez
Por un mosca de nada por Erica González
SIXTO SEIS CENAS por Erica González
14 de abr. de 2020
AS VOSAS CREACIÓNS "AMAR O MAR" DENDE A CASA!
9 de abr. de 2020
UN FEIXE DE APERTAS!
8 de abr. de 2020
SEGUIMOS RECIBINDO COUSAS BONITAS
Canta alegría me entra cando cando me chegan fotos vosas lendo libros ou as maravillas que facedes coas vosas mans. Grazas por acordarvos de min.






















































