17 de nov. de 2020

NOVA SECCIÓN DE LEOTECA: "CONTOS DENDE A CASA"

Ola a todos e todas:

Son leoteca e hoxe estou moi contenta porque da comezo unha nova aventura no noso blog! Lembrades que estes últimos cursos facíamos no cole "Hoxe lenos" e "Nais e pais de conto"? Pois como agora non poden visitarme tantas familias no cole nin podemos xuntar cursos decidín propoñervos unha idea: 

Que vos parece se os contos os contades dende a casa  coas vosas familias ou vós sós e os gravades, ou en audio ou en vídeo, e os enviades a leoteca@ceipcanosarus.net?

A min paréceme unha idea xenial! Así cada semana poderemos publicar un ou dous contacontos. A temática é libre , podedes contar contos que levedes do cole, que teñades na casa, contos inventados, historias sobre o mar, lendas, etc. Que nerviosa estou por recibir todos os vosos vídeos e audios!

Pois hoxe inauguramos esta sección "CONTOS DENDE A CASA" con tres vídeos moi especiais. 

No primeiro  , as protagonistas son Carla e Lucía e os seus papás.  

" Alex pinta un cuadro"  de Hanne Hanne Türk e "O misterio dos fillos da Lúa " de Fina Casalderrey estrean esta sección.






CONTO



E aquí tedes a Carla, de 4º A, contando o conto : "Cuando desapareció el mar" de Francisco Sánchez , facendo un guiño á continucaión do noso PDI "Amar o mar"




MOITAS GRACIAS  POR ESTES CONTOS TAN BONITOS!

Para a próxima semana estrearemos dous contos relacionados co 25N, contos dende a igualdade que contarán dúas nenas de 4º ...estade moi atentos/as! 
E animádevos a participar coa temática que vós apeteza! Estou esperando a vosa participación!

Bicos e apertas de Leoteca!








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...