29 de xan. de 2020

NAIS E PAIS DE CONTO


Hoxe retomouse a actividade de nais e pais de conto despois da parada de Nadal. Nesta ocasión tivemos a sorte de contar con dous irmáns, Pablo de 3º A e a súa irmá Ana. Xuntos contáronlle dous contos aos nenos/as de educación infantil e de 3º A.  Os contos foron " Xa vou" e "El pulpo Rufo" que podedes coller en Leoteca. Damos as grazas a Ana por vir ao cole, o alumnado de infantil quedou moi contento. Animamos ás familias a participar nesta actividade, podedes apuntarvos para contar un conto cos vosos fillos e fillas aos cursos que queirades!





O día a día en Rus

Os nenos e nenas da 6ª onda contan as novidades da nosa zona esta semana. A máis salientable, a xubilación do noso conserxe, pero tamén as noticias culturais e deportivas.


24 de xan. de 2020

AMAR O MAR ENTRE TOD@S


Esta semana os nenos e nenas estiveron dun lado para o outro visitando as aulas  observando e aprendendo todo o que levan investigado os seus compañeiros e compañeiras do PDI Amar o mar. Moitos dos obxectos que nos ensinaron troixéronnos os pícaros das casas.. Que previlexio poder ver unha mandíbula de tiburón , un dente, o titanic en lego, animais fantásticos de plastilina, corais, caracolas, redes.... Inctreíble tamén foi poder escoitar todo o que aprenderon sobre todo o que arrastra o PDI AMAR O MAR. Grazas!


PINCHA PARA VER O VIDEO






22 de xan. de 2020

AMAR O MAR e impresora 3D.-

     Nesa impresora que temos na biblioteca e que imprime con papel estamos a facer distintas actividades.


  • Litofanías de animais mariños. Agora toca adiviñar no espazo creativo que animal esconde.



  • O alumnado máis pequeno e o maior atrévese a deseñar.


  • Moldes para o espazo creativo e mapa mundi en relevo.      

EXPERIMENTOS CON AUGA.

Misteriosa personaxe aquí tes un experimento con auga realizado nun laboratorio.  A través do método científico comprobamos o que ocurre se mesturamos vinagre con auga...
Estamos agardando pola seguinte proba.

Experimentos con auga
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...