09/12/2014

Rus entre planetas

Ola nenos/as, como xa saberedes comezamos o noso proxecto "Rus entre planetas". Para que podades investigar sobre todo o relacionado co espazo deixámosvos este cartel dixital no que podederes ir picando nas diferentes imaxes, que vos dirixirán a diferentes páxinas web con información, imaxes, vídeos e actividades para que aprendades sobre a temática e para que vos xurdan novas dúbidas que iremos tentando solucionar.

21/11/2014

Temos un novo inquilino... Tom Gates

The Brilliant world of Tom Gates
by Vernon Barford school
Licenza CC BY-NC-SA
Ola rapaces/zas temos novidades na vosa biblioteca, que vos iremos desvelando ao longo destes meses, queremos comezar con esta personaxe chamada Tom Gates, que é un neno enxeñoso, máis ben traveso e con moita, moita imaxinación.

03/11/2014

Despois dunha viaxe polo espazo xa estou de volta

Ola nenas e nenos, como xa sabedes estiven polo espazo descubrindo cousas moi interesantes! Non tedes curiosidade por saber o que podedes atopar cando mirades ao ceo? Pois nesta páxina web  atoparedes esas dúbidas. Clicando en cada planeta amósavos unha pequena descrición e explicación, incluso podedes atrasar ou adiantar o tempo para observar como se desprazan os planetas o redor do sol! Recoméndovos que descubrades todo o que nos rodea gracias a esta páxina! Xa me contaredes se vos gusta! Ata a próxima amig@s!

http://www.solarsystemscope.com/

Captura de pantalla de www.solarsystemscope.com

30/10/2014

Lecturas do Samaín

Fonte: Wikimedia
Licenza: CC BY (atribución)
Como xa sabedes nesta época do Samaín todo o relacionado co medo está de moda, por iso, como bruxa que son, quero recomendarvos unhas lecturas que están na nosa Leoteca para que non queirades apagar a luz pola noite, pero non por medo, senón porque non podedes parar de ler.

22/10/2014

24 de outubro: Día da Biblioteca Escolar

Cartel Bibliotecas Escolares 2014
Fonte: Blogue bibliotecas escolares
Licenza © David Pintor - Xunta de Galicia
Leoteca está de festa!!
Ola, olita! Que tal o pasastes coa miña neta Trastupita? Xa vedes que eu ando algo desaparecida pero … de vez en cando teño que aparecer e contarvos algunha nova. Estes días estou moi atarefada posto que o vindeiro 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca Escolar que este ano relacionarémolo coas Matemáticas.

15/10/2014

ABRIMOS AS PORTAS DA NOSA LEOTECA!

A semana pasada sucederon cousas moi extrañas no cole. O luns apareceron nas nosas clases uns libros que tiñan relación co espazo e co noso Sistema Solar e tamén pasou correndo unha bruxiña boa, mirade! mirade!

14/10/2014

Diego Arboleda novo Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

Fonte: Revista Babar
Diego Arboleda foi galardonado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na actual edición do ano 2014 pola súa obra "Prohibido leer a Lewis Carroll" ilustrado por Raúl Sagospe e publicado pola editorial Anaya (2013), xa anteriormente fora premiado co Premio Lazarillo (2012), pola Fundación Cuatrogatos de Miami (2014) e mellor libro infantil 2013 para a revista Babelia.

04/10/2014

Unha misteriosa mensaxe

Ola nenas e nenos, na biblioteca recibimos esta misteriosa mensaxe de vídeo e queriamos compartila con vós, xa que nos anuncia unha visita e un retorno, quen será? de que se tratará?, vexamos o que nos ten que contar esta bruxa...

09/09/2014

Xa falta pouco!

Ola a todos/as, en poucos días a vosa amiga Leoteca volverá a estar con vós, por iso estamos preparando a biblioteca para a vosa chegada. Como xa vistes estamos de reformas para tratar que esteades máis a gusto e poidades encontrar a información máis doadamente. Espérannos moitas aventuras durante este curso. Estades preparados?
Acompañádenos?
Leoteca agárdavos, ata a próxima!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...