Na víspera de Nadal preparamos un festival e unha postal que abren as portas de novo o noso PDI AMAR O MAR 2.0. Na biblioteca creativa para felicitar o Nadal elaboramos uns faros con luz led.
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal b>. Amosar todas as publicacións
28 de dec. de 2020
18 de dec. de 2019
Un nadal mariñeiro
Este ano o Nadal no Canosa-Rus estivo cheo de cancións mariñeiras. As familias axudaron na decoración da entrada do colexio. Tamén se decoraron CDs con distintos materiais de refugallo, moitos deles levaban unha estrela feita coa impresora 3D.
17 de dec. de 2018
conCIENCIAco Nadal
O noso PDI conCIENCIAte está de festas navideñas e por iso todos os nenos e nenas do cole levaron unha bola para decorarala nas súas casas con motivos científicos, inventos, etc. Viñeron cousas moi bonitas que puxemos na nosa árbore de Nadal. Tamén estamos elaborando nas aulas unha postal con luz para aprender a montar un pequeno circuito eléctrico. Mostraremos o resultado das nosas postais proximamente. Esta é a nosa árbore científica.
Ademais dous dos nosos alumnos de 5º e 6º de EP elaboraron esta invitación para o Festival conCIENCIAte co Nadal que se celebrará o próximo venres 21 de decembro no salón de actos do IES Alfredo Brañas de Carballo. Esperamos que non volo perdades, será un festival moi divertido!
21 de dec. de 2016
Os nosos heroes
Coa finalización do trimestre queremos agradecervos a todos/as a implicación no desenvolvemento das diferentes actividades que vos vimos propoñendo desde a biblioteca durante os últimos cursos, converténdovos en auténticos heroes para nós. Moitas grazas.
15 de dec. de 2016
Historias marabillosas agardan por ti!
![]() |
| By Mysticsartdesign Licenza CC0 DP |
Aproveitando o próximo período vacacional queremos propoñervos algunhas lecturas coas que coñeceredes a novos personaxes, visitaredes outros lugares, viaxaredes no tempo...
Etiquetas:
biblioteca,
De espectadores a protagonistas,
guía,
Nadal,
PDI,
recomendacións,
tríptico
13 de dec. de 2016
"Un Nadal de Cine" chega ao CEIP Canosa-Rus.
Ola a tod@s!
Estade moi atentos porque en moi poucos días terá lugar un espectáculo moi pero que moi bonito...o noso Festival " Un Nadal de Cine". Poderedes disfutar de actuacións orixinais interprestadas polo noso alumnado que está traballando moito para que todo saia moi ben, e seguro que así será!
Aproveitando o noso PDI "De espectadores a protagonistas" haberá moitas sorpresas relacioadas co cine, non volo podedes perder! Aquí vos deixamos a invitación para toda a familia e amig@s e desexamos que disfrutedes tanto coma nós deste espectáculo. Grazas pola vosa asistencia!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






