Amosando publicacións coa etiqueta colaboración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta colaboración. Amosar todas as publicacións

25 de maio de 2020

TRABALLOS ELABORADOS POLO NOSO ALUMNADO: LETRAS GALEGAS E MÁIS!


Ola  nenos e nenas, son Leoteca:
Hoxe  escribo para contarvos o orgullosa que me sinto e todos vós! Acaba de caer nas miñas mans o vídeo que ides a ver a continuación. Nel aparecen moitos dos vosos traballos elaborados tanto para o PDI “Amar o mar” como para as Letras Galegas.  Sobre todo está centrado na banda deseñada (cómics ) , debuxos, poesías e caricaturas do autor homenaxeado, Ricardo Carballo Calero. E ademais este vídeo ten uns presentadores moi especiais! Mirade, mirade...


No seguinte enlace podedes entrar no blog do Equipo de dinamización da Lingua Galega do cole, “Vente Vindo” e atoparedes máis traballos vosos. Ao longo dos  días aínda aparecerán máis.

vente vindo


De verdade que estou impresionada co que traballades nenas e nenos do CEIP Canosa-Rus! Bótovos moitísimo de menos, pero xa queda un chisquiño menos para vernos, seguide así e moitas gracias por todo o voso traballo! Espérovos coidando da biblio do cole. Unha forte aperta. Leoteca.

11 de mar. de 2020

NAIS E PAIS DE CONTO

A semana pasada tivemos a visita dunha ex-alumna, Aroa, e a súa nai , Mónica, que contaron unha historia inventada por elas sobre a nosa zona do noso colexio  ao alumnado de 5º e 6º de EP. É moi interesante poder escoitar algunhas cousas que son certas sobre como era antes o cole e o lugan onde se atopa. Moitas grazas a Mónica e Arora pola vosa historia!!


4 de feb. de 2020

Creando os nosos gorros de papel!

Ola nenos e nenas!
Está moi preto o entroido e gustaríame que nas vosas casas colaboredes coa decoración do cole.  Para iso  cada un de vós  poderá traer da casa un sombreiro de papel  (cun fío para colgalo) elaborado con papel de refugallo e decorado de xeito libre, con motivos de entroido, mariñeiros, etc. Deixade voar a vosa imaxinación!
Para facilitar a elaboración destes sombreiros deixámosvos varios vídeos que vos poden axudar. Mans á obra!





25 de nov. de 2019

SEMANA DO MAGOSTO E DAS CASTAÑAS!

A semana pasada foi unha semana chea de Magosto no noso cole! Leváronse a cabo diferentes actividades dende as aulas, a radio na biblio e todos xuntos. As actividades foron as seguintes:

  • Varias clases traballaron contos coa temática do outono e das castañas. Realizáronse diferentes actividades escritas relacionadas co mesmo: sopas de letras, xogos de palabras, etc.
  • 3ºB e 4º de EP grabaron  contos e ditos do Magosto en "CanosaOnda", os podedes escoitar a continuación.






  • O martes celebramos todos xuntos unha degustación de castañas. As castañas foron asadas polo persoal do centro e colaboraron as coidadoras do comedor. Queremos agradecer a implicación de todas estas persoas no Magosto do cole. GRAZAS!!!






22 de nov. de 2019

NAIS E PAIS DE CONTO COEDUCATIV@S!



Este mércores en nais e pais de conto tivemos a visita de Patricia, a mamá de Carla de 4 anos. Veu a contarlle un conto coeducativo a Educación Infantil, Artur e Clementina. Estiveron moi atent@s a historia destas dúas tartarugas. Moitas grazas a Patricia! Animádevos a participar nos seguintes contacontos!

26 de maio de 2019

CERTAME LITERARIO "ASUNCIÓN ANTELO"

O pasado venres 24 de maio celebrouse no edificio de usos múltiples de Coristanco o acto de entrega de premios do Certame Literario "Asunción Antelo". Neste Certame , como en anos anteriores, participamos todos os colexios do concello en cinco categorías: narrativa, banda deseñada, debuxo, monográfico e poesía. As categorías son as mesmas que no Certame do cole. Queremos felicitar a todo o alumnado que participou en ambos Certames e  animar aos nosos nenos e nanas a que sigan sendo tan creativos .Noraboa!

Se       picades      enriba      do     seguinte      titular      entraredes     na     nova     da       Voz        de       Galicia       sobre      este         tema.

Entregados en Coristanco los premios del certamen Asunción Antelo


18 de maio de 2019

Centros seleccionados de Voluntariado de lectura-A (primaria)



O Portal Educativo vén de publicar a Resolución de 7 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve a acción integrada no programa  "Bibliotecas Escolares Solidarias" deste curso 2018/2019: Voluntariado de lectura-A (primaria). Participaron un total de 82 centros, dos que se seleccionaron 10 pola calidade e   variedade nas actividades neste ámbito.O noso centro foi un dos seleccionados. Noraboa ao alumnado de 5º e 6º que fan a labor de voluntariado na biblio do noso cole! 

Para acceder a Resolución podedes picar na seguinte imaxe


E se picades enriba da foto podedes acceder á nova da Voz de Galicia relacionada co tema.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...