Amosando publicacións coa etiqueta curtas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curtas. Amosar todas as publicacións

28 de xan. de 2019

SEMANA DA PAZ CON LEOTECA

Leoteca deixounos unha carta a cada clase o pasado venres para invitarnos a celebrar o día da Paz e non violencia dun xeito moi especial: xogando coa diversidade e tamén investigando sobre persoas que gañaron o Premio Nobel da Paz en diferentes campos. Estade moi atent@s a todas as cousiñas que iremos facendo esta semana.Iremos colgando fotos e vídeos das diferentes actividades.
Aquí podedes ler o que dicía Leoteca na carta. 

Ola nenas e nenos! 
Son Leoteca! Estou aquí para contarvos unha cousa moi importante, sabedes que día se celebra a próxima semana?
Pois o día 30 de xaneiro celébrase o DÍA ESCOLAR DA PAZ E  A DA NON VIOLENCIA. Xa me enterei que estades a facer unhas mazás moi especiais para poñer na árbore da paz, que divertido! 
A min tamén me gustaría propoñervos unhas actividades moi chulas para realizar no recuncho "Feito con xeito"durante un recreo da próxima semana. Tedes que estar moi atentos ao calendario que vos deixo para saber que día vos toca e fixarvos ben na porta da biblio xa que alí están postas as actividades. Durante a próxima semana na biblio soamente poderedes levar e devolver libros, pero non haberá nin recunchos nin ordenadores. 
Espero que disfrutedes moito coas miñas sorpresas!
Unha forte aperta!
LEOTECA



6 de xuño de 2017

Gala de entrega de premios

Hoxe celebrouse a Gala de entrega de premios do Festival dos soñadores no Pazo da Cultura de Carballo. Os nenos/as foron os protagonistas da xornada compartindo o seu traballo con alumnado doutros centros e de distintas idades.
Desenvolveron as tarefas necesarias para que todo funcionase correctamente como foi a de acomodadores, realizadores, cámaras, presentación, actuacións, exposicións, coordinación e dirección, o traballo previo está á vosa disposición no blogue do festival. Na retransmisión podedes recuperar algúns destes momentos.

26 de maio de 2017

Finalistas do Festival dos Soñadores

Estamos chegando á recta final do PDI De espectadores a protagonistas. Cumprindo cos prazos establecidos nas bases vense de publicar o listado das curtas finalistas do Festival dos Soñadores no blogue do concurso.
Grazas a todos os nenos/as e aos centros educativos pola súa participación.
Sorte aos finalistas!

19 de maio de 2017

Homenaxe á nosa lingua

Na función de hoxe de Os venres son curt@s presentámosvos unha obra realizada polo alumnado de 1º da ESO do IES As Barxas, titorizado por Luz Beloso, titulada "A muller lamprea IV". Destacamos tamén o guión de Miguel Ángel Alonso Diz, que ademais achega a súa voz.

12 de maio de 2017

Aprendendo a voar

No recreo de hoxe proxectarase "Soar" unha curta realizada por Alyce Tzue na Academy of Art University. Esta obra que foi nominada e galardoada con numerosos premios. Esta obra inspirada no Principiño (A. de Saint-Exupéry) traslada a idea de que se te esforzas o máximo por dar o que tes, ás veces consegues máis do que nunca esperaches.

5 de maio de 2017

Cruzamos xuntos?

Nesta nova edición de "Os venres son curt@s" traemos "Bridge", que foi creada polo animador Tin Chian Tei, con música de Greg Gauba e producida por Human Trips Productions no ano 2010.

28 de abr. de 2017

Coidado coas ondas!

Nesta ocasión presentámosvos a curta de animación "Piper" producida por Pixar e dirixida por Allan Barillaro. Na edición 2016 dos Oscar foi premiada á mellor curtametraxe de animación.

7 de abr. de 2017

Insectos solidarios

Durante o recreo proxectarase na biblioteca unha obra nominada á mellor curta de animación na edición 2015 dos Oscar. Trátase de "Sweet Cocoon" dirixida entre outros por Matéo Bernard e producida por ESMA.

17 de mar. de 2017

A maior flor do mundo

No recreo de hoxe achegamos a curta "A flor máis grande do mundo" dirixida por Juan Pablo Etcheverry con música de Emilio Aragón. Está baseada na obra de José Saramago "A maior flor do mundo".

10 de mar. de 2017

Cordas que unen

Na sesión de hoxe dos "Venres son curt@s" presentamos unha curta premiada nos Goya de 2014 que representa os valores propios da amizade. "Cuerdas" é unha curta escrita e dirixida por Pedro Solís, musicada por Víctor Peral e producida por Nicolás Matji.

3 de mar. de 2017

A caixa dos monstros

Tralo Entroido retomamos as sesións dos Venres son curtas cunha obra titulada "Monsterbox" de nacionalidade francesa, dirixida por Ludovic Gavillet e con música de Erwann Chandon.

26 de feb. de 2017

The Oscars

Vía Pixabay Licenza CC DP
O domingo 26 de febreiro celébrase a gala de entrega dos premios Oscar de cine na cidade de Os Ánxeles (California), na que se entregarán os galardóns aos premiados nas diferentes categorías.

13 de feb. de 2017

Sexamos espectadores críticos!

Vía @xavier_torrens
Cando vemos unha película, curtametraxe ou calquera outra obra audiovisual... sabemos lelas, comprendemos as mensaxes que subxacen delas?
Que pensades sobre esta imaxe?

8 de feb. de 2017

Encontro virtual co alumnado de Luz Beloso no IES As Barxas

BY Educortos Licenza CC BY-NC-SA
O próximo luns 13 de febreiro ás 14:40h. estableceremos conexión co IES As Barxas. Neste encontro virtual o alumnado de diversos cursos da profesora de plástica Luz Beloso contaranos a súa experiencia no mundo audiovisual con "Cangarexo Films" ás aulas de 1º - 3º - 5º - 6º de Educación Primaria e  5º de Educación Infantil.

4 de feb. de 2017

Curta o luns

Debido a que o venres non se puido proxectar a curta prevista debido ao apagón eléctrico que sufrimos durante toda a mañá, o próximo luns no recreo ás 11:30h. realizaremos a proxección de "Monkey simphony" prevista para o venres.

13 de xan. de 2017

A fume de carozo!

Comezamos o ano con esta curtametraxe que nos fará reflexionar sobre a igualdade de xénero. Pensemos sobre a nosa actitude cara outros nenos/as cando estamos xogar nos recreos, ou algunha vez nós mesmos/as sentímonos igual que algún dos protagonistas da historia.

2 de dec. de 2016

Venres afumados!

"Un vendedor ambulante chega ao pobo ofrecendo unha extraordinaria mercancia..." Este será o comezo da curta desta semana producida por Primer Frame Escuela de Animación finalista na 27 edición dos premios Goya na categoría de Mellor curtametraxe de animación.

4 de nov. de 2016

Tempo parcialmente nubrado

Hoxe venres anúnciase tempo parcialmente nubrado na biblioteca, xa que dentro da actividade "Os venres son curt@s" esta semana programamos unha curtametraxe na que se promoven actitudes optimistas, o respecto polos diferentes puntos de vista, aprender a aceptar as características dos demais e as diferencias que poidan existir, entre outros.

28 de out. de 2016

Os venres gústannos...

Porque este venres comezamos unha nova actividade na que queremos fomentar a cultura audiovisual e diferentes valores a través de distintas curtametraxes que proxectaremos na biblioteca todos os venres na hora do recreo. Por este motivo nomeamos esta actividade como "Os venres son curt@s".
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...