6 de xuño de 2017

Gala de entrega de premios

Hoxe celebrouse a Gala de entrega de premios do Festival dos soñadores no Pazo da Cultura de Carballo. Os nenos/as foron os protagonistas da xornada compartindo o seu traballo con alumnado doutros centros e de distintas idades.
Desenvolveron as tarefas necesarias para que todo funcionase correctamente como foi a de acomodadores, realizadores, cámaras, presentación, actuacións, exposicións, coordinación e dirección, o traballo previo está á vosa disposición no blogue do festival. Na retransmisión podedes recuperar algúns destes momentos.
Estas foron as curtas premiadas en cada unha das categorías:
Mellor obra de animación: A cabra boba - CEIP Bergantiños (Carballo)
Mellor obra de ficción: A guerra dos números - CPI Castro Baxoi (Miño)
Mellor documental: A invasión da avespa velutina - CEIP Canosa-Rus (Coristanco)
Mellor guión orixinal: Non hai volta atrás - CEIP Plurilingüe Virxe do Mar (Narón)
Mellor curta de secundaria: Carlos Casares, que crack! - IES Alfredo Brañas (Carballo)
En próximas entradas publicaremos os vídeos con contido informativo de cada unha das aulas e que se puideron ver na Gala.

 
Agradecemos a todas as familias e aos centros participantes por acudir á nosa Gala e facernos sentir protagonistas.
Felicitamos tamén a todo o alumnado que fixo posible a execución deste evento, como Carlos Casares sodes UNS CRACKS!
Moitas grazas a todos/as!

4 comentarios:

  1. Marabilloso traballo. Parabéns desde o CEIP San Francisco Xabier.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas!
    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Desde a Escola de Barrionovo: PARABÉNS!!! por este marabilloso traballo e GRAZAS!!! por deixarnos formar parte deste soño.
    NORABOA A TOD@S!!!

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas a vós pola axuda e colaboración!!
    Saúdos

    ResponderEliminar

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...