05/06/2017

Gala Festival dos soñadores

Mañá celebrarase a Gala de entrega de premios do Festival dos soñadores que pon punto final ao PDI De espectadores a protagonistas, que tivo ao cine como centro de interese no Pazo da Cultura de Carballo.
A gala comezará ás 11h., aínda que as portas abriranse para o público ás 10:30h., ademais do alumnado e as súas familias asisitirán tamén centros educativos que participaron coas súas curtas no concurso.
Está previsto que a retransmisión en directo do evento comece un pouco antes das 11h. Tanto a calidade de imaxe como o retardo dependerán da rede. Neste enlace accederedes á retransmisión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...