- Antón Fraguas é o homenaxeado no día das nosas letras. Para recordalo realizamos diversas actividades desde o EDLG e desde o de biblioteca:
- Caricatura do autor.
- Entrega dun marcapáxinas.
- Nun breve acto dramatizouse a súa biografía .
- Algúns nenos e nenas explicaron algún invento que tiñan nas súas casas: o carro, un chisqueiro...
- Paralelamente recitáronse poemas da obra mestra de Manuel María e a de Rosalía de Castro. Tamén cantamos o himno e a canción "O Carro" de "Fuxán os Ventos".
- Tamén realizamos a entrega de premios do CERTAME LITERARIO, concurso no que os nenos e nenas mostran as súas dotes creativas inventado contos, cómics, poesías, realizando debuxos... neles vese que están empapados de Concienciate . Parabéns!! De agasallo levaron libros e un marcapáxinas realizado co Tinkerdcard por unha nena de 6º.
Amosando publicacións coa etiqueta feito con xeito b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta feito con xeito b>. Amosar todas as publicacións
22 de maio de 2019
ANTÓN FRAGUAS.-
Etiquetas:
certame literario,
feito con xeito,
IMPRESIÓN 3D,
IMPRESORA 3D,
letras galegas
6 de dec. de 2018
Un exemplo do que se fai no espazo creativo.
No noso espazo Feito con Xeito os nenos maiores, dentro da materia Aprender a investigar, fedellaron cos dintintos aparatos que alí temos.
Etiquetas:
espazo creativo,
feito con xeito,
PDI,
robots
23 de ago. de 2018
Bibliotecas LÍA.2
Boas a tod@s:
O verán xa está a piques de rematar e esperamos que aproveitedes moi ben o tempo que queda para comezar o novo curso e que teñades as pilas cargadas para unha nova aventura.
Como xa sabedes a finais do curso pasado no noso colexio gravouse un vídeo da biblioteca por formar parte do Plan Lía 2. Este vídeo foi editado e publicado na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia xunto co dos outros tres colexios que participaron neste Plan. Aquí tedes o vídeo e o enlace á páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia. E que saibades que Leoteca está desexando ter a súa casa chea de nenas e nenos! Vémonos o 12 de setembro!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


