22 de maio de 2019

ANTÓN FRAGUAS.-

  • Antón Fraguas é o homenaxeado no día das nosas letras. Para recordalo realizamos diversas actividades desde o EDLG  e desde o de biblioteca:
  • Caricatura do autor.
  • Entrega dun marcapáxinas. 
  • Nun breve acto dramatizouse a súa biografía .
  • Algúns nenos e nenas explicaron algún invento que tiñan nas súas casas: o carro, un chisqueiro...
  • Paralelamente recitáronse poemas da obra mestra de Manuel María e a de Rosalía de Castro.  Tamén cantamos o himno e a canción "O Carro" de "Fuxán os Ventos".
  • Tamén realizamos a entrega de premios do CERTAME LITERARIO, concurso no que os nenos e nenas mostran as súas dotes creativas inventado contos, cómics, poesías, realizando debuxos... neles vese que están empapados de Concienciate . Parabéns!! De agasallo levaron libros e un marcapáxinas realizado co Tinkerdcard por unha nena de 6º.















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...