18 de dec. de 2015

Despedimos o ano

A biblioteca pechou o ano coa entrega de premios do Dinoconcurso, dentro do PDI DinosauRus. O venres terá lugar o espectáculo "Dinsons", que representarán os nenos/as do centro. Queremos felicitar a toda a comunidade educativa estas festas e comezar o próximo ano 2016 con novas lecturas e actividades na biblioteca.
FELICES FESTAS!

17 de dec. de 2015

Solución Dinoconcurso: semana 4

Neste último período tiñades que consultar o libro ¿Y si un estegosaurio...? e atopar a información que vos axudase a responder ás preguntas planteadas.
Hoxe entregaremos os premios aos tres primeiros/as clasificados tras estas catro procuras, ademais aprendistes a atopar libros na biblioteca, a citar as fontes consultadas e a atopar unha información determinada nun libro.

15 de dec. de 2015

Nestas vacacións... Viaxa coa lectura!

Vía Pixabay
Licenza DP CC0

Aínda que nestas vacacións é costume pasalas na casa coa familia, queremos que aproveitedes para viaxar a outros lugares coa vosa imaxinación e coa axuda dos libros. Nós recomendámosvos algunhas das novidades que se publicaron no 2015 en lingua galega e castelá, pero podedes escoller calquer outro que sexa do voso gusto.

9 de dec. de 2015

Dinoconcurso: semana 4

Estamos a piques de rematar esta fase do concurso, e todo pode pasar, aínda podedes quedar entre os tres primeiros que recibirán un agasallo pola súa participación.

Solución Dinoconcurso: semana 3

Nesta semana (e pico) tiñades que procurar unha información nun libro da exposición e logo trasladala nun comentario, citando a fonte da que obtiverades estes datos.
Ten moita importancia citar as fontes das que se extraen imaxes, texto ou outro tipo de información.  Debemos ser éticos e responsables, polo tanto recoñecer o labor e o traballo do autor/a. Nesta semana aprendistes a citar un libro ou monografía: primeiro citaredes o autor/a, a continuación o título da obra, seguidamente a editorial e o lugar no que se editou e, por último, o ano desta edición.

Nais e pais de conto

O pasado mércores 2 de decembro visitou a biblioteca Ana, acompañada da súa filla Sara (alumna de 4º) e de Ana (alumna de 4º), para contarlle aos nenos/as de Educación Infantil o conto O paseo de Rosalía (Pat Hutchins). A continuación representaron unha historia de elaboración propia, titulada "A porta máxica", na que tiñamos que adiviñar quen se atopaba tras a porta.

Recordando a Neira Vilas

Neira Vilas no IES Manuel García Barros da Estrada
By IES Manuel García Barros
Licenza CC BY SA vía Wikipedia






“BALBINO. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre”. Así comeza Memorias dun neno labrego, un clásico da literatura galega. Este libriño, que tivo a súa primeira edición en Buenos Aires, en 1961, chegou a miles de de lectores, edición tras edición, sen máis publicidade que o boca a boca, nunha época en que a escrita en galego non chegaba ao gran público. Moitos rapaces e mozos dos anos setenta descubriron neste relato experiencias moi próximas ás súas, porque transcorre nunha aldea, coma as deles e está contado en galego por un rapazolo cheo de inquedanzas. Houbo emigrantes a Alemania e a Suíza que levaron na súa maleta este libro e tamén Cartas a Lelo, os dous en galego e protagonizados por nenos que viven no medio rural. Que mellor maneira de levar dentro a terra dun!

5 de dec. de 2015

Premio para "Rus entre planetas"


"Cando realmente queres unha cousa, todo o Universo conspira para axudarche a conseguila"
P. Coelho
  
A comunidade educativa do CEIP Canosa-Rus está de noraboa, xa que o pasado xoves publicouse a resolución do II concurso de traballo por proxectos, promovido desde a Biblioteca Escolar, no que resultou galardoado, dentro da temática científica, o PDI "Rus entre planetas", no que investigamos e aprendemos máis sobre o Sistema Solar.
Queremos agradecer a implicación e empeño no traballo das diferentes fases tanto do alumnado como das súas familias, así como ao claustro que promoveu e dinamizou o desenvolvemento do proxecto. Sen a participación dalgún deles este éxito non sería posible.

26 de nov. de 2015

Día Internacional contra a violencia de xénero.

Neste día Leoteca quérevos recomendar unhas historias moi interesantes para traballar nas aulas e nas casas. Pero tamén gustaríalle recordarvos de que todos os días son bos para respectar aos outr@s e tamén son bos para rexeitar a violencia.


O meniño Nito: Entón, os homes chora ou non?
Autor: Sonia Rosa
Os homes choran ou non choran? Ese é o dilema no que se encontra Nito, e que lle trae non poucos problemas até que por fin, coa axuda do Doutor Aymoré, consegue resolver as súas dúbidas. 





Un día de treboada.
Autora: Mª Teresa Mata.
Unha terrible treboada ameaza unha aldea galega. A intervención da nai de Aldara axudará a salvar a situación e provocará importantes cambios nas relacións entre os seus habitantes.






Portada de Alfombriña
Alfombriña.
Autora: Cristina Ferreirós.
Con Alfombriña, obra ilustrada pola súa propia autora de forma moi orixinal, Cristina Ferreirós móstranos unha historia na que á súa protagonista non lle gusta que lle digan o que ten que facer, ela quere decidir por ela mesma.






Con esta selección de libros  preténdese romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. 

E hoxe, día 25 de novembro, a profe Vero contoulles un conto a 1º,2º e 4º de Educación Primaria na "Hora de ler". A historia é moi especial e aos nen@s encantoulles: Xela Volveuse vampira.

Xela volveuse vampira.
Autora: Fina Casalderrey

Finalista do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil do Ano dos             III Premios da Edición de Galicia. Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira?













Mes da ciencia en galego: "Maxia vs Ciencia"

O pasado mércores 18 de novembro celebramos o mes da ciencia en galego cunha actuación na que se propoñía un enfrontamento entre "Maxia e ciencia", grazas á colaboración do Concello de Coristanco. Nesta actuación un científico "estranxeiro", un pouco tolo, enlazou algunha cuestión científica, relativa as cores, as matemáticas, o son, a astronomía e os efectos ópticos, coa maxia. Os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º participaron activamente nas actividades que se propuxeron e disfrutaron dunha xornada máxica.

23 de nov. de 2015

Dinoconcurso: semana 3

A terceira procura que deberedes realizar terá tres partes, e teredes que achegar a vosa resposta antes do venres 5 de decembro, día no que se pechará a participación desta semana. A continuación expoñémosvos o reto.

Dinoconcurso semana 2: a solución


O tempo para contestar ás preguntas planetexadas na semana 2 do Dinoconcurso rematou o venres, ofrecémosvos a solución e as clasificacións semanais e xeral.

12 de nov. de 2015

Novembro mes da ciencia en galego

Vía Bibliotecas Escolares de Galicia
Durante o mes de novembro celébrase o "Mes da ciencia en galego nas bibliotecas". Acompañamos a entrada cunha imaxe utilizada pola Xunta de Galicia para promocionar esta celebración durante o mes.

11 de nov. de 2015

Dinoconcurso: semana 2

Seguimos coa exploración da biblioteca. Nesta segunda semana do Dinoconcurso terás que atopar os dous libros que detallamos a continuación.

10 de nov. de 2015

5 de nov. de 2015

Como montamos unha exposición?

Mañá venres, as mestras Laura e Cris, realizarán unha presentación ao alumnado na que ademais de aprender sobre os dinosauros tamén o farán sobre o que son os museos, a montaxe dunha exposición e sobre recorridos virtuais. Entre outros os obxectivos son que aprendan a montar a súa propia exposición, así como fomentar a investigación na visita aos museos.

Algúns dos dinosauros que aparecerán son o Triceratops, Allosaurus, Tyrannosaurus, entre outros.
Ao finalizar a sesión entregarase unha "ficha de investigación" coa que poidan lembrar e aplicar o explicado.
Abride ben os ollos! Aparecerán imaxes sorprendentes. Estades preparados para montar a exposición da vosa clase?



30 de out. de 2015

Cartel para investigar

Co seguinte cartel pretendemos axudar tanto ao alumnado, como o profesorado, a realizar a procura de información para desenvolver os traballo relacionados co PDI DinosauRus, que ,como sabedes, está dedicado aos dinosauros.

http://ceipcanosarus.edu.glogster.com/dinosaurus/

En outono... Le sen medo!

Pixabay Licenza CC0 DP
Tríptico coas recomendacións de Leoteca para o Samaín.

Para nós a biblioteca é...

O pasado venres 23 de outubro celebramos no centro o Día da Biblioteca. Decicimos homenaxear á nosa Leoteca gravando un vídeo no que o alumnado de cada un dos cursos do CEIP Canosa-Rus nos contase que era para eles/as a biblioteca.
A continuación vos presentamos como quedou, agardamos que vos guste.

27 de out. de 2015

Dinoconcurso: semana 1

Coñeces a organización da biblioteca? Imos comprobalo. Nesta primeira semana do Dinoconcurso terás que atopar os tres libros que detallamos a continuación.

Comeza o Dinoconcurso: as normas

Xunto co arranque do PDI DinosauRus esta semana queremos comezar un xogo, que denominamos Dinoconcurso, no que teredes que atopar libros ou información utilizando os recursos da biblioteca. Durante as primeiras semanas tedes que demostrar que coñecedes a organización e clasificación dos libros, polo que deberedes atopar unha serie de libros, seguindo as pistas que vos iremos dando.

22 de out. de 2015

Día da biblioteca

O próximo sábado 24 de outubro será o Día da Biblioteca, e Leoteca non quere pasar ese día sen unha felicitación. Con este motivo mañá venres 23 os nenos/as do CEIP Canosa-Rus farán a súa homenaxe a este espazo tan importante no centro, que alberga grandes tesouros, estimula a nosa imaxinación e nos axuda na nosa aprendizaxe a través de todo o coñecemento que alberga.
Pero non vos esquezades que a mellor maneira de homenaxeala é mantela viva, chea de lectores/as que acotío utilicen os seus recursos.

16 de out. de 2015

As mochilas viaxan de novo

As mochilas viaxeiras comezaron hoxe as súas viaxes polas casas dos nenos/as do CEIP Canosa-Rus.
Neste curso todas as mochilas conteñen catro libros, ademais da libreta viaxeira, na que plasmar a vosa experiencia cos libros, lembrade ler o que outros compañeiros/as escribiron ou debuxaron no curso pasado.

Un pouco de medo, por favor!

Aproxímase o Samaín e desde a biblioteca queremos propoñervos algunha lectura para que pasedes medo, pero un "medo divertido".
Neste curso seleccionamos libros que tratan sobre diferentes tipos de medo: ás pantasmas, aos zombis, á morte, aos vampiros, aos monstros, entre outros. Na entrada de diante colocamos libros axeitados para prelectores e primeiros lectores/as e na entrada de atrás libros para lectores/as autónomos e expertos.








10 de out. de 2015

Investigamos e aprendemos sobre os dinosauros

A biblioteca acolleu o venres as actividades de inauguración nas que tiveron oco o teatro e diversos obradoiros nos que os nenos/as, ademais de investigar e aprender sobre os dinosauros, xogaron a ser paleontólogos, resolveron puzzles e tamén crearon sinalizadores para a biblioteca. Aproveitamos estas actividades para introducir e relizar a motivación do proyecto DinosauRus, que estará adicado aos dinosauros.
A continuación algunhas imaxes de distintos momentos da xornada.

9 de out. de 2015

Carta desde algures de Leoteca

Na bandeixa de entrada apareceron novas mensaxes de Leoteca para os diferentes cursos que queremos trasladarvos:


8 de out. de 2015

Viaxa connosco a través dos libros!

Pixabay
Licenza CC0 DP
Mañá venres, Leoteca abriranos as súas portas. Para celebralo queremos que sexa unha xornada especial, na que participe todo o alumnado do centro. Para iso programáronse distintas actividades que se desenvolverán durante a xornada escolar. Quizais Leoteca deixe algunha mensaxe de benvida, polo que estade atentos tanto no blog como nas aulas.

5 de out. de 2015

Ledicia Costas premio Nacional Literatura Infantil e Xuvenil


Unha autora galega, Ledicia Costas, vén de ser nomeada premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil neste ano 2015, grazas a súa obra "Escarlatina, a cociñeira defunta", que ademais está escrita en galego.
Parabéns Ledicia!

2 de out. de 2015

Estamos rematando...

Tras un período no que comezamos a renovar a ubicación e clasificación dos libros, estamos a piques de rematar. Temos que anunciarvos que xa temos data para a reapertura, será o martes 13 de outubro.

8 de set. de 2015

Novas aventuras están por chegar!

Magic in a case By Donnie Nunley
Licenza CC BY
Ola nenos/as, dentro de poucos días chegarei para coa miña vara e o meu gorro  máxico para preparar a biblioteca para que podades divertirvos cos libros e coas diversas actividades que temos preparadas.
Esperamos impacientes as vosas visitas.

11 de xul. de 2015

Disfrutade do verán!

O curso rematou e a biblioteca pechou as súas portas, pero xa estamos preparando o comezo do próximo e agardamos contar coa vosa colaboración para vivir novas aventuras a través da lectura.
Para o vindeiro curso escollestes aprender moito máis dos dinosauros, polo que a partires de setembro acompañaremos esta aprendizaxe desde a biblioteca.
Aproveitade a tope o verán!

18 de xuño de 2015

Cuestionario avaliación Rus entre planetas

O proxecto Rus entre planetas chega ao seu fin. Necesitamos coñecer a opinión das familias, en canto a como se desenvolveu e como se viviu nas casas este período. Por este motivo enviamos as vosas casas este cuestionario, que podedes entregalo no Centro ou ben cubrilo nesta páxina e ao rematar enviar as respostas, se vos resulta máis sinxelo. Proximamente anunciaremos o tema a investigar o próximo curso, escollido pola maioría do alumnado do Centro.

15 de xuño de 2015

Vive un verán emocionante...

Leoteca está empezando a recoller e a prepararse para novas aventuras. Antes de irse quere deixarvos un consello: "Vivide un verán emocionante. Estas vacacións...Lede!" e tamén unhas cantas recomendacións organizadas para os diferentes cursos, para que durante o verán gocedes coa lectura.

13 de xuño de 2015

As mochilas chegan das viaxes

Todas as mochilas volveron das súas viaxes polas casas dos nenos/as do centro. A partires de agora estarán na biblioteca para que se poidan consultar, ata que volvan a comezar a ruta de novo o curso que ven, con novas aventuras e nova música. Durante o verán tamén podedes ver o que escribistes vós e os vosos compañeiros/as.

31 de maio de 2015

Fran Alonso visítanos virtualmente


O próximo mércores 3 de xuño Leoteca establecerá conexión co poeta galego Fran Alonso. Esta visita será a través de internet e os nenos/as de 2º ciclo de Educación Primaria faranlle algunhas preguntas que xa estiveron preparando cos seus titores/as.

25 de maio de 2015

Este é o noso Neptuno


Os nenos/as de 5º de Educación Infantil investigaron sobre o planeta Neptuno. Elaboraron un monográfico expoñendo aqueles aspectos que consideraron máis importantes, un vídeo no que nos explican aquelo que aprenderon sobre o último planeta do Sistema Solar e tamén escribiron nunha estrela aquela palabra que para eles/as definía mellor a Neptuno. Ao mesmo tempo realizaron o planeta que está no planetario da EXPO Rus entre planetas.

Este é o noso Urano


Os nenos/as de 4º de Educación Infantil investigaron sobre o planeta Urano. Elaboraron un monográfico expoñendo aqueles aspectos que consideraron máis importantes, un vídeo no que nos explican aquelo que aprenderon sobre este planeta gasoso, escribiron nunha estrela aquela palabra que para eles/as definía mellor a Urano e cantaron "A canción dos planetas". Ao mesmo tempo realizaron o planeta que está no planetario da EXPO Rus entre planetas.

Este é o noso Saturno


Os nenos/as de 5º de Educación Primaria investigaron sobre o planeta Saturno. Elaboraron un monográfico expoñendo aqueles aspectos que consideraron máis importantes, un vídeo no que nos explican aquelo que aprenderon sobre o rei dos aneis e tamén escribiron nunha estrela aquela palabra que para eles/as definía mellor a Saturno. Ao mesmo tempo realizaron o planeta que está no planetario da EXPO Rus entre planetas.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...