27 de out. de 2015

Comeza o Dinoconcurso: as normas

Xunto co arranque do PDI DinosauRus esta semana queremos comezar un xogo, que denominamos Dinoconcurso, no que teredes que atopar libros ou información utilizando os recursos da biblioteca. Durante as primeiras semanas tedes que demostrar que coñecedes a organización e clasificación dos libros, polo que deberedes atopar unha serie de libros, seguindo as pistas que vos iremos dando.

As normas son as seguintes:
1. Destinatarios/as: O xogo está dirixido a nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
2. Duración: Terá unha duración trimestral, polo que na última semana de clase no mes de decembro realizaremos a entrega dos obsequios aos 3 primeiros clasificados.
3. Participación: Cada semana aparecerá unha entrada no blogue na que se darán as pistas, nesa entrada haberá que realizar un comentario, escribindo a solución ao enigma, ademais do voso nome sen apelidos e o curso. Estes faranse públicos o venres pola tarde, así como a resposta correcta a cada pregunta.  Considerarase incorrecta se hai faltas de ortografía na mensaxe, polo que antes de enviar o comentario revisade ben o que escribides e comprobade que non hai erros.
4. Puntuación: corresponderá co número de participantes con resposta acertada en orde descendente, é dicir se hai 10 respostas correctas o primeiro recibirá 10 puntos, o segundo 9 puntos, o terceiro 8 puntos, así sucesivamente ata o último que recibiría 1 punto. No caso de que a resposta non sexa correcta non se obterán puntos. Ao final do concurso no mes de decembro aqueles/as que participasen todas as semanas recibirán como premio 10 puntos extra.
5. Clasificación: O luns publicarase a clasificación semanal e global. Ao final, os tres primeiros clasificados recibirán un obsequio. En caso de empate utilizaremos estes criterios para desempatar:
  • Número de participacións no concurso.
  • Respostas correctas.
  • Suma das posicións de todas as semanas.
6. Premios: Entregaranse na semana do 14 ao 18 de decembro e serán obsequios relacionados co Proxecto DinosauRus e a biblioteca.
Animámosvos a participar e aprender máis sobre a biblioteca e sobre os dinosauros.
Sorte a todos/as!

2 comentarios:

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...