30 de nov. de 2020

Mes da ciencia en galego.

 Células, corpo humano, animais en perigo de extinción, experimentos desde a casa... forno algunas das actividades realizadas no mes de novembro... todo desde a investigación e a creatividade.




    

29 de nov. de 2020

CONTOS DESDE A CASA: LER É UN PRACER.

 

     Esta semana ben desde a casa o video-conto de Nerea de 4 anos: Mi mágica sirena.

https://youtu.be/rbhqchaOzYQ


Carla de 3º le  Siempre conmigo. https://youtu.be/wUtJWPfo99k


E tamén desde a casa estes dous audio-contos de Iago ( 3º) e Roi (1º)

26 de nov. de 2020

ÁNIMO XENTIÑA

 Os nenos e nenas de sexto de primaria acaban de enterarse que levaron o prêmio Especial 25 Aniversario Ponte nas ONDAS  polo podcast ÁNIMO, XENTIÑA , que está incluído no na nosa canle  de radio LEORUS. Invítovos a escoitalo. Felicidades rapazada.

24 de nov. de 2020

XELA VOLVEUSE VAMPIRA : IGUALDADE NO CANOSA-RUS

Ola a tod@s! As nenas e nenos de 4º A contaron na radio un conto moi coñecido xa no noso cole...Xela volveuse vampira, de Fina Cadalderrey. Con este conto traballaron o día 25 de novembro: Día internacional contra a violencia de xénero. 

O contaron en 6 podcast que podedes escoitar a continuación. Eu estou dexesando escoitalos/as...e vós?




17 de nov. de 2020

CONTOS DENDE A CASA: IGUALDADE NO CANOSA-RUS

Ola nenos e nenas!

A entrada de hoxe está adicada ao dia 25N: Día contra a violencia de xénero. Ao longo desta semana irei subindo máis traballiños adicados a este tema. 

Por unha banda temos dous contacontos moi especiais, como vos prometín! 

Sara, de 4ºA, con " Princesa Kevin" de Michael Escoff


Lucía de 4º A e o seu pai Daniel, con "Las princesas también se tiran pedos" de Ilan Brenman.




Ademáis, dende CanosaOnda , Clara de 6º ponlle voz a Oliver Button de Tomie de Paola.


E por último, podedes   reflexionar con este manifestó de sexto.

 

MOITÍSIMAS  GRACIAS POLOS VOSOS CONTOS TAN ESPECIAIS! ESTOU DESEXANDO RECIBIR MÁIS CONTACONTOS!
Unha aperta moi grande de LEOTECA.



NOVA SECCIÓN DE LEOTECA: "CONTOS DENDE A CASA"

Ola a todos e todas:

Son leoteca e hoxe estou moi contenta porque da comezo unha nova aventura no noso blog! Lembrades que estes últimos cursos facíamos no cole "Hoxe lenos" e "Nais e pais de conto"? Pois como agora non poden visitarme tantas familias no cole nin podemos xuntar cursos decidín propoñervos unha idea: 

Que vos parece se os contos os contades dende a casa  coas vosas familias ou vós sós e os gravades, ou en audio ou en vídeo, e os enviades a leoteca@ceipcanosarus.net?

A min paréceme unha idea xenial! Así cada semana poderemos publicar un ou dous contacontos. A temática é libre , podedes contar contos que levedes do cole, que teñades na casa, contos inventados, historias sobre o mar, lendas, etc. Que nerviosa estou por recibir todos os vosos vídeos e audios!

Pois hoxe inauguramos esta sección "CONTOS DENDE A CASA" con tres vídeos moi especiais. 

No primeiro  , as protagonistas son Carla e Lucía e os seus papás.  

" Alex pinta un cuadro"  de Hanne Hanne Türk e "O misterio dos fillos da Lúa " de Fina Casalderrey estrean esta sección.






CONTO



E aquí tedes a Carla, de 4º A, contando o conto : "Cuando desapareció el mar" de Francisco Sánchez , facendo un guiño á continucaión do noso PDI "Amar o mar"




MOITAS GRACIAS  POR ESTES CONTOS TAN BONITOS!

Para a próxima semana estrearemos dous contos relacionados co 25N, contos dende a igualdade que contarán dúas nenas de 4º ...estade moi atentos/as! 
E animádevos a participar coa temática que vós apeteza! Estou esperando a vosa participación!

Bicos e apertas de Leoteca!








15 de nov. de 2020

12 de nov. de 2020

MAGOSTO

  Escoitade os anuncios que os alumnos de cuarto gravaron na radio para coñecer as actividades previstas para este venres.

1 de nov. de 2020

FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO PARA 4º DE PRIMARIA

Esta semana os nenos e nenas de 4ºA e 4º B recibiron unha formación sobre a radio  moi divertida da man de Sole. Aprenderon diferentes cousas como:  buscar sons para facer programas de radio, a orde de  presentación dos programas, ideas  de como organizar o traballo, ideas de como facer un conto na radio, etc. Agora temos que poñernos mans a obra en na materia de " Expresión na radio". Moitas gracias a Sole por ensinarnos tantas cousas!



CABAZAS E FEITIZOS.

 Aquí tedes as vosas cabazas, se falta algunha avisade!!! Tamén vos deixo un conxuro de Casilda. Acordádesvos dela? Si,  a curmá de Leoteca que é algo fedelleira.

 

                    
    





   





                                                       


             

            

         
    

          


     

       


           






























Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...