Amosando publicacións coa etiqueta lingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lingua. Amosar todas as publicacións

28 de feb. de 2018

Montaxe da radio na biblio.

Boas a tod@s!
Despois de un tempiño adquirindo o material e preparando o espazo, esta semana comezamos a montar a radio con Javier, de Rede Espora. Estamos moi content@s xa que os nenos e nenas xa poden empezar a facer as súas primeiras prácticas no mundo da radio. Pero antes de meternos " no aire", Leoteca propuxo unha actividade ás clases que podedes ler na carta que enviou hoxe!


Estes días as nenas e nenos irán coñecendo o que é a radio e levaran a cabo as súas primeiras intervencións. Seguiremos co acondicionamento do espazo para que sexa o máis bonito, funcional e motivador posible.
Neste vídeo podedes ver algunhas das imaxes da montaxe con Javier e o comezo da elección do logo e do nome da nosa radio.


31 de xan. de 2018

Os contacontos de Kalandraka visitaron Leoteca!

A semana pasada, o día 24de xaneiro,  a Editorial Kalandraka visitou Leoteca e os nenos de educación infantil puideron disfrutar de contos como:
"A horta de Simón", "Animais de compañía", "Un máis", "Frederick", "O coelliño branco", "Un becho estraño", "Cores" ou "Piñeiro" entre outras historias, acompañado de música.
Moitas grazas aos nosos amigos de Kalandra! Neste vídeo podedes ve algunhas imaxes da sesión.


22 de feb. de 2017

RosalíaTe!

Vía Wikimedia commons Licenza CC DP
O próximo 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro. Desde a biblioteca queremos sumarnos a esta iniciativa compartindo con vós o Manifesto elaborado pola escritora galega Ledicia Costas, que foi lido o pasado domingo no acto conmemorativo organizado pola AELG.

26 de maio de 2016

Máis contacontos en Leoteca!

Onte tivemos a visita dunha contacontos moi especial, xa que narrounos aventuras relacionadas con distintos temas: desde a igualdade de xénero e fomento da propia autoestima coma  o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas, Manuel María. Tamén fixo xogos con música, foron dúas sesións moi divertidas!
Un dos contos que lles encantou aos nenos/as foi  " Orellas de bolboreta" da autora Luisa Aguilar, ilustración André Neves ,Editorial Kalandraka, no que se traballa a imaxinación, espontaneidade e a autoestima.
Esta contacontos foi cortesía do concello de Coristanco polo que desde Leoteca gustaríanos agradecerlles esta iniciativa de enviar contacontos ou outros espectáculos  ás bibliotecas dos centros educativos  do concello. Moitas grazas!



Entrega de premios do Certame Literario Escolar Asunción Antelo.

O pasado venres 20 de maio, tivo lugar a entrega dos premios do Certame Literario Escolar Asunción Antelo no concello de Coristanco. O acto contou coa presenza da propia Asunción, que pasou un bo rato  cos premiados/as e co alcalde e a concelleira de Cultura.
Neste Certame participaron todos os centros educativos de Coristanco e as modalidades literarias foron: narrativa, banda deseñada , poesía, cómic e monográfico.
Parabéns a todos e todas os premiad@s e ao alumnado que participou cos seus traballos!


 Para ver a nova no xornal, picade enriba
La Voz de Galicia




18 de maio de 2016

Venres 13 de maio : Celebración do día das Letras Galegas no colexio!

O venres 13 de maio celebráronse no centro diferentes actos  para festexar o día das Letras Galegas
( 17 de maio )  e facer o noso pequeno homenaxe  ao autor  Manuel María.
As actividades levadas a cabo foron as seguintes:
  • Entrega de premios do Certame Literario do Colexio nas categorías de: cómic, narrativa, poesía, debuxo e monográfico.
  • Durante esta entrega presentada por alumn@s de 6º de EP, tiveron lugar diferentes interpretacións de  poemas cantados e recitados  de Manuel María. Tres destes poemas foron interpretados a lingua de signos polos alumn@s de 4º de EP. Podedes ver a continuación algunha desas interpretacións e bailes.
Presentación das interpretacións a lingua de signos.

Poesía " O foguete" interpretada a lingua de signos.

                                        
Baile tradicional galego.

Estes  vídeos son un exemplo das actuaciós que se levaron a cabo.
  • Presentacoón do autor Manuel María por parte do alumnado de 5º e 6º de EP.

  • Pola tarde , tivemos a sorte de contar co grupo musical "Arume de Verdillo". Os nenos e nenas aprenderon moito coas tres mulleres do grupo que nos ensinaron diferentes ritmos musicais e coas que terminamos bailando tod@s xunt@s. Moitísimas grazas a este grupo pola súa participación voluntaria na nosa festa.



Durante todo o día estivo exposta a caricatura de Manuel María realizada pol@s mestr@s e algúns alumn@s . Tamén estiveron expostos os cadros do alumnado de 6º de EP que elaboraron na clase de plástica durante uns meses. 







Exemplo dalgúns dos cadros.

E por último, podedes ver un vídeo  resumo da xornada.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GELEGAS 2016!

13 de maio de 2016

Próxima celebración das letras galegas 2016!

Estamos preparando o noso propio homenaxe a Manuel María no colexio. Consideramos a este autor unha figura moi importante na literatura galega  e por iso estamos a traballar  algúns dos seus libros dende as aulas. Mañá faremos poemas cantados e interpretados a lingua de signos  por parte do alumnado  e entregaremos os premios do Certame Literario do colexio pola mañá. Pola tarde teremos unha sorpresa para tod@s! Feliz día das Letras Galegas 2016!


Este marcapáxinas que levará como agasallo todo o alumnado foi elaborado entre  tres colexios de Coristanco: CEIP Bormoio-Agualada, CPI Alcalde Xosé Pichel e o CEIP Canosa-Rus.
E a continuación podedes ver un enlace de un recopilatorio de diferentes grupos musicais que cantan letras de Manuel María.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...