30/01/2017

Nais e pais de conto!


A semana pasada tivemos un conto para 5º e 6º de primaria. Nesta ocasión a mamá de Aroa (5ºEP) preparou ca nena e coa colaboración doutros membros da nosa comunidade educativa unha historia inventada por elas. A temática foi moi interesante , xa que tratábase dun conto baseado en feitos reais que ocorreorn na zona de Coristanco e a súa contorna e chegaron a desvelar en que ano e como foi construído o noso centro. Todo isto a través dos ollos dunha protagonista chamada Mara. Se queredes ler esta historia, podedes pedirlla a Aroa e pasaredes un rato moi divertido. 

Queremos agradecer unha vez máis a implicación das familias nesta actividade que Leoteca propón co tanta ilusión! Grazas!






A paz comeza co seu desexo

Este foi o título que escolleron para a conmemoración deste ano do Día Escolar da Non Violencia e a Paz os nenos/as de 1º E.P., que culminaba a semana da paz na que o alumnado dos diferentes cursos do centro creou de xeito colaborativo o seu propio "Guernica". Seguindo o modelo facilitado na páxina web Actiludis, cada clase coloreou diferentes partes da obra con ceras brandas de cor negro, branco e gris.

27/01/2017

Demostremos Tolerantia

Como día previo á celebración do Día Escolar da non violencia e da Paz, proxectamos "Tolerantia" nunha nova edición dos Venres son curt@s. Nesta película de Ivan Ramadan observaremos as consecuencias da guerra e os conflitos entre as persoas. A música é unha creación do grupo bosnio "Mostar Sevdah Reunion".

26/01/2017

Primeira parada da ruta do escornabot: E.E.I. Barrionovo

Durante a mañá mantivemos unha videoconferencia cos nenos/as e as mestras da E.E.I. Barrionovo (Arteixo) na que compartimos o traballo que estamos a desenvolver cos escornabot.
No seguinte vídeo, realizado pola biblioBN, recóllese o desenvolvemento do encontro.

A ruta escornabot

Mañá xoves os nenos/as de 5º de E.P. compartirán as súas experiencias cos escornabot xunto ao alumnado da E.E.I. Barrionovo (Arteixo), tamén incluída no Proxecto escornabot e que neste curso desenvolven o proxecto "Non somos robots", a través de Skype. Presentarán os diferentes produtos que elaboraron na área de plástica, e nos recreos na biblioteca, durante o primeiro trimestre.

25/01/2017

As detectives sacan as lupas

As primeiras detectives puxéronse a investigar na biblioteca para axudar a Leoteca a buscarlle acomodo ás personaxes que se atopan agochadas nos carteis das seccións de libros informativos. Lembrade que tamén vós podedes botarlle unha man a Leoteca e a estes convidados/as a atopar o seu fogar.

23/01/2017

Escornabot turista

Vía pixabay Licenza CC0 DP
A mestra Vero e o alumnado de 1º de E.P. elaboraron un taboleiro para traballar os diferentes tipos de vivenda. Achegamos as instrucións do xogo e o taboleiro, para que poidades xogar tamén na vosa casa.

22/01/2017

Leoteca busca expertos

Leoteca ten un problema! Atopou uns personaxes ocultos na biblioteca, pero ten que atopar os seus fogares, xa que eles/as esqueceron a súa procedencia. Axudádeslle a atopar as películas e libros nos que viven?

20/01/2017

Un desexo, unha ilusión...

BY Tomi Mäkitalo Licenza CC BY-SA
Hoxe comezamos a preparación da semana da paz coa proxección da curta "Sadako y las mil grullas de papel" de Roberto Van der Laat e André Infante. Neste vídeo, baseado na biografía de Sadako Sasaki, póñense de manifesto as consecuencias da guerra e das bombas.

17/01/2017

Semana da paz

BY ryo02x2 Licenza CC0 DP
O próximo 30 de xaneiro celebraremos o Día Escolar da Non Violencia  e da Paz no centro, pero comezaremos a preparar a xornada a partir da próxima semana con diversas actividades que se desenvolverán nas aulas e na biblioteca escolar.

13/01/2017

A fume de carozo!

Comezamos o ano con esta curtametraxe que nos fará reflexionar sobre a igualdade de xénero. Pensemos sobre a nosa actitude cara outros nenos/as cando estamos xogar nos recreos, ou algunha vez nós mesmos/as sentímonos igual que algún dos protagonistas da historia.

12/01/2017

Nais e pais de conto!

Esta semana retomamos a programación de "Nais e pais de conto" coa historia que nos contaron a nai e o pai de Cristina (6º E.I.) e Ana (5º E.P.) titulada "O libro dos porcos" de Anthony Browne da editorial Kalandraka. O álbum conta os malos hábitos da familia, ata que a señora Porcón, farta de tanta esixencia, decide marchar da casa.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...