20 de xan. de 2017

Un desexo, unha ilusión...

BY Tomi Mäkitalo Licenza CC BY-SA
Hoxe comezamos a preparación da semana da paz coa proxección da curta "Sadako y las mil grullas de papel" de Roberto Van der Laat e André Infante. Neste vídeo, baseado na biografía de Sadako Sasaki, póñense de manifesto as consecuencias da guerra e das bombas.
A historia de Sadako Sasaki é similar a de moitas outras persoas que debido á guerra enferma, morre, ten que abandoar o seu fogar ou, entre outras consecuencias, perde a seres queridos. Pero tamén quere ofrecer un pouco de esperanza e ilusión, para o que vos pedimos que nos axudedes a conseguir o maior número posible de grúas de papel para conseguir o noso desexo: "Que non haxa máis guerras no mundo". Por este motivo tamén vos deixamos un vídeo para aprender a realizar unha grúa de papel, aínda que podedes utilizar outro.



Agardamos as vosas grúas. Moitas grazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...