Como día previo á celebración do Día Escolar da non violencia e da Paz, proxectamos "Tolerantia" nunha nova edición dos Venres son curt@s. Nesta película de Ivan Ramadan observaremos as consecuencias da guerra e os conflitos entre as persoas. A música é unha creación do grupo bosnio "Mostar Sevdah Reunion".
Nesta animación en 3D o autor presenta como a intolerancia das persoas pode provocar numerosos desastres. Unha interesante reflexión sobre como a guerra chega a destruír o máis prezado para nós e para outras persoas.
Animámosvos a seguir debatendo sobre o tema na clase.
Aproveitamos a ocasión para agradecer a toda a comunidade educativa a implicación na elaboración das grúas, que colocaremos xunto co "Guernica" nunha das paredes do centro e coas que esperamos conseguir os nosos desexos de paz.
MOITAS GRAZAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.