17 de xan. de 2017

Semana da paz

BY ryo02x2 Licenza CC0 DP
O próximo 30 de xaneiro celebraremos o Día Escolar da Non Violencia  e da Paz no centro, pero comezaremos a preparar a xornada a partir da próxima semana con diversas actividades que se desenvolverán nas aulas e na biblioteca escolar.

Comezaremos o próximo venres coa proxección na biblioteca da curtametraxe "Sadako e as mil grúas de papel", baseada no libro co mesmo título de  Eleanor Coerr. Propoñeremos axudar a Sadako a conseguir as mil grúas de papel coas achegas que poidan realizar o alumnado e as súas familias, para o que facilitaremos un videotitorial que ensine a construír esta figura de papel.
Desde o luns 23 todas as clases do colexio comezarán a pintar a nosa propia versión do Guernica de Picasso, para o luns 30 de xaneiro facer unha celebración coa colocación do mural como das grúas nunha das paredes do centro.
A continuación facilitamos a organización e diferentes recursos para preparar este traballo, xa tedes a vosa disposición nas entradas á biblioteca a exposición cos fondos relacionados coa paz e a non violencia.
Lancemos un berro de NON Á VIOLENCIA, DÉMOSLLE UNHA OPORTUNIDADE Á PAZ!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...