31/05/2016

Organización da inauguración do museo DinosauRus


O próximo venres 3 de xuño inauguramos o museo DinosauRus, coa exposición "Unha viaxe ao pasado". As familias que nos confirmaron asistencia están organizadas en cinco grupos, que terán horario de saída diferente, polo que rogamos puntualidade. Tamén lembramos que no patio cuberto o alumnado de 6º E.P. montará unha feira de artesanía na que venderán produtos realizados polos nenos/as de 5º e 6º E.P. para recadar fondos para a viaxe de fin de curso.

Paleontólogas DinosauRus

As primeiras "licenciadas en paleontoloxía" por DinosauRus recibiron os seus carnés de paleontólogas.

26/05/2016

Máis contacontos en Leoteca!

Onte tivemos a visita dunha contacontos moi especial, xa que narrounos aventuras relacionadas con distintos temas: desde a igualdade de xénero e fomento da propia autoestima coma  o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas, Manuel María. Tamén fixo xogos con música, foron dúas sesións moi divertidas!
Un dos contos que lles encantou aos nenos/as foi  " Orellas de bolboreta" da autora Luisa Aguilar, ilustración André Neves ,Editorial Kalandraka, no que se traballa a imaxinación, espontaneidade e a autoestima.
Esta contacontos foi cortesía do concello de Coristanco polo que desde Leoteca gustaríanos agradecerlles esta iniciativa de enviar contacontos ou outros espectáculos  ás bibliotecas dos centros educativos  do concello. Moitas grazas!



Entrega de premios do Certame Literario Escolar Asunción Antelo.

O pasado venres 20 de maio, tivo lugar a entrega dos premios do Certame Literario Escolar Asunción Antelo no concello de Coristanco. O acto contou coa presenza da propia Asunción, que pasou un bo rato  cos premiados/as e co alcalde e a concelleira de Cultura.
Neste Certame participaron todos os centros educativos de Coristanco e as modalidades literarias foron: narrativa, banda deseñada , poesía, cómic e monográfico.
Parabéns a todos e todas os premiad@s e ao alumnado que participou cos seus traballos!


 Para ver a nova no xornal, picade enriba
La Voz de Galicia




Actividades LIM sobre os dinosauros

O equipo de dinamización das TIC elaborou dous libros con actividades LIM sobre os dinosauros. O primeiro deles está destinado ao alumnado de Educación Infantil, e o segundo aos alumnos/as de Educación Primaria.

23/05/2016

Preinaugauración do museo DinosauRus

Hoxe visitaron o centro os alumnos/as de 6º de Educación Primaria do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco para participar nunha xornada deportiva co alumnado de 6º do noso centro. Aproveitamos a ocasión para mostrarlles o museo que se foi creando ao longo do curso, e que tamén nos servíu para realizar o ensaio xeral para inauguración oficial do día 3 de xuño.

18/05/2016

Pregunta final para obter o carné de paleontólogo/a

Durante estes meses estivestes investigando para aprender máis sobre os dinosauros e superar as distintas probas que se foron expondo. Tras responder as preguntas que foron aparecendo no blogue fustes obtendo os respectivos adhesivos, que agora están pegados no voso carné de paleontólogo/a.

Inauguración do Museo DinosauRus


O próximo 3 de xuño toda a comunidade educativa está convidada á inauguración do Museo DinosauRus "Unha viaxe ao pasado". A través desta visita comprobaredes todo o que o alumnado aprendeu durante este curso sobre os dinosauros, a Terra no pasado, entre outros.

Venres 13 de maio : Celebración do día das Letras Galegas no colexio!

O venres 13 de maio celebráronse no centro diferentes actos  para festexar o día das Letras Galegas
( 17 de maio )  e facer o noso pequeno homenaxe  ao autor  Manuel María.
As actividades levadas a cabo foron as seguintes:
  • Entrega de premios do Certame Literario do Colexio nas categorías de: cómic, narrativa, poesía, debuxo e monográfico.
  • Durante esta entrega presentada por alumn@s de 6º de EP, tiveron lugar diferentes interpretacións de  poemas cantados e recitados  de Manuel María. Tres destes poemas foron interpretados a lingua de signos polos alumn@s de 4º de EP. Podedes ver a continuación algunha desas interpretacións e bailes.
Presentación das interpretacións a lingua de signos.

Poesía " O foguete" interpretada a lingua de signos.

                                        
Baile tradicional galego.

Estes  vídeos son un exemplo das actuaciós que se levaron a cabo.
  • Presentacoón do autor Manuel María por parte do alumnado de 5º e 6º de EP.

  • Pola tarde , tivemos a sorte de contar co grupo musical "Arume de Verdillo". Os nenos e nenas aprenderon moito coas tres mulleres do grupo que nos ensinaron diferentes ritmos musicais e coas que terminamos bailando tod@s xunt@s. Moitísimas grazas a este grupo pola súa participación voluntaria na nosa festa.



Durante todo o día estivo exposta a caricatura de Manuel María realizada pol@s mestr@s e algúns alumn@s . Tamén estiveron expostos os cadros do alumnado de 6º de EP que elaboraron na clase de plástica durante uns meses. 







Exemplo dalgúns dos cadros.

E por último, podedes ver un vídeo  resumo da xornada.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GELEGAS 2016!

13/05/2016

Próxima celebración das letras galegas 2016!

Estamos preparando o noso propio homenaxe a Manuel María no colexio. Consideramos a este autor unha figura moi importante na literatura galega  e por iso estamos a traballar  algúns dos seus libros dende as aulas. Mañá faremos poemas cantados e interpretados a lingua de signos  por parte do alumnado  e entregaremos os premios do Certame Literario do colexio pola mañá. Pola tarde teremos unha sorpresa para tod@s! Feliz día das Letras Galegas 2016!


Este marcapáxinas que levará como agasallo todo o alumnado foi elaborado entre  tres colexios de Coristanco: CEIP Bormoio-Agualada, CPI Alcalde Xosé Pichel e o CEIP Canosa-Rus.
E a continuación podedes ver un enlace de un recopilatorio de diferentes grupos musicais que cantan letras de Manuel María.


04/05/2016

Preparamos a chegada dos robots!

IMG_20141122_211115 BY Rafa Couto

 Licenza CC BY-SA

O próximo curso teremos novos inquilinos na biblioteca, serán uns robots chamados "Escornabots", xa que o centro, a través da biblioteca, foi un dos 20 centros de Educación Infantil e Primaria dentro do PLAMBE seleccionados para o proxecto "Escornabots na biblioteca escolar".
A través deste programa piloto poderemos acceder a distintas linguaxes, ademais de contribuír ao desenvolvemento de proxectos colaborativos, fomentando a aprendizaxe cooperativa.
A través destes enlaces poderase acceder á convocatoria, resolución e a entrada no blogue de Biblitecas Escolares de Galicia.

02/05/2016

Só faltan dous adhesivos!

Achégase a entrega dos carnés de paelontólogos/as para os que teñan todos os adhesivos. Nesta ocasión podedes obter o número 5, que é o penúltimo.

01/05/2016

Semana do libro de Carballo : " Canta Bichería!"

Cartaz Programa Semana do Libro 2016A semana pasada celebrouse a XI Semana do Libro e a Lectura de Carballo, coa temática " Canta Bichería"
O noso colexio  participou en varias actividades desta semana:
O domingo 24 foi o acto inaugural no que participaron os alumnos/as de 1º de EP no noso centro, cun recital de Manuel María e outro grupo do CEIP Fogar de Carballo.
















Aproveitando a temática do noso PDI  "DinosauRus", participamos na exposición "Canta Bichería".
Algúns dos nosos dinosauros marcharon  a Carballo por uns días!



E ademais tivemos a sorte de poder participar en diferntes actividades durante toda a semana:

O luns 25 de abril, os/as nenos/as de 6º de EI disfrutaron de:
O LOBO E A LÚA, Baobab Teatro (Obra premio Barriga Verde). O lobo é a lúa conta a historia dun lobo que chama pola lúa, ten que falar con ela, ten algo moi importante que dicirlle, como a lúa está MOI alta non o escoita, así que o pequeno lobo fará o imposible para que o escoite.
Despois visitaron a exposición  dos traballos dos diferentes centros educativos de Carballo e Coristaco e puideron disfrutar un rato da ludoteca do Pazo da Cultura.

O mércores 27 de abril, o alumnado de 1º e 2º de EP disfutou de: 
FRANKEINSTEIN, Teatro Ghazafelhos Que se pode agochar nun escuro castelo perdido nas montañas? Quizais algo que non quere ser descuberto ou, quizais, algo que non espera que o descubran? Unha aventura nas entrañas dun castelo onde dous investigadores, a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío investigan se o lexendario monstro de Frankenstein existe ou non.
Despois visitaron a exposición  dos traballos dos diferentes centros educativos de Carballo e Coristaco e puideron disfrutar un rato da ludoteca do Pazo da Cultura.


O xoves 28 de abril, o alumnado de 3º e 4º de EP participou en:
3ºEP
FAUNA MÁXICA DE PAPEL. Noemí López, ilustradora. Con algúns “truquiños” de debuxo trasladaron animais da mitoloxía galega ao papel, da man da ilustradora-autora da imaxe da Semana do Libro desta edición, autora tamén da iconografía da Enciclopedia da Fantasía Popular de Galicia, Galicia Encantada
4º EP
ANIMALARIO. CREAMOS ANIMAIS IMAXINARIOS, Van Divulgación. Partindo de imaxes de animais reais mesturaron  distintas partes dos seus corpos para crear novos seres inventados, propios da ciencia ficción, tal e como fixo o Profesor Revillod no seu Animalario Universal.
Despois tamén  visitaron a exposición  dos traballos dos diferentes centros educativos de Carballo e Coristaco e puideron disfrutar un rato da ludoteca do Pazo da Cultura.


Moitas grazas ao Concello de Carballo por convidarnos a participar dunha semana tan divertida e con unhas actividades tan interesantes!













Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...