Hoxe visitaron o centro os alumnos/as de 6º de Educación Primaria do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco para participar nunha xornada deportiva co alumnado de 6º do noso centro. Aproveitamos a ocasión para mostrarlles o museo que se foi creando ao longo do curso, e que tamén nos servíu para realizar o ensaio xeral para inauguración oficial do día 3 de xuño.
Deste xeito algúns alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria foron guiando ao longo do centro aos nosos visitantes polos distintos corredores e aulas, nas que os nenos/as do colexio foron explicando o seu traballo de investigación sobre os dinosauros, como era a Terra no triásico, xurásico e cretáceo, algunhas hipóteses da extinción dos dinosauros e moito máis...
Quremos agradecer tanto ás mestras e alumnos/as do CPI Alcalde Xosé Pichel por ser os primeiros visitantes e pola atención que prestaron durante todo o percorrido. Tamén felicitamos ao noso alumnado e aos seu titores/as polo traballo desenvovido durante todo o curso e polo resultado da xornada de hoxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.