1 de maio de 2016

Semana do libro de Carballo : " Canta Bichería!"

Cartaz Programa Semana do Libro 2016A semana pasada celebrouse a XI Semana do Libro e a Lectura de Carballo, coa temática " Canta Bichería"
O noso colexio  participou en varias actividades desta semana:
O domingo 24 foi o acto inaugural no que participaron os alumnos/as de 1º de EP no noso centro, cun recital de Manuel María e outro grupo do CEIP Fogar de Carballo.
















Aproveitando a temática do noso PDI  "DinosauRus", participamos na exposición "Canta Bichería".
Algúns dos nosos dinosauros marcharon  a Carballo por uns días!



E ademais tivemos a sorte de poder participar en diferntes actividades durante toda a semana:

O luns 25 de abril, os/as nenos/as de 6º de EI disfrutaron de:
O LOBO E A LÚA, Baobab Teatro (Obra premio Barriga Verde). O lobo é a lúa conta a historia dun lobo que chama pola lúa, ten que falar con ela, ten algo moi importante que dicirlle, como a lúa está MOI alta non o escoita, así que o pequeno lobo fará o imposible para que o escoite.
Despois visitaron a exposición  dos traballos dos diferentes centros educativos de Carballo e Coristaco e puideron disfrutar un rato da ludoteca do Pazo da Cultura.

O mércores 27 de abril, o alumnado de 1º e 2º de EP disfutou de: 
FRANKEINSTEIN, Teatro Ghazafelhos Que se pode agochar nun escuro castelo perdido nas montañas? Quizais algo que non quere ser descuberto ou, quizais, algo que non espera que o descubran? Unha aventura nas entrañas dun castelo onde dous investigadores, a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío investigan se o lexendario monstro de Frankenstein existe ou non.
Despois visitaron a exposición  dos traballos dos diferentes centros educativos de Carballo e Coristaco e puideron disfrutar un rato da ludoteca do Pazo da Cultura.


O xoves 28 de abril, o alumnado de 3º e 4º de EP participou en:
3ºEP
FAUNA MÁXICA DE PAPEL. Noemí López, ilustradora. Con algúns “truquiños” de debuxo trasladaron animais da mitoloxía galega ao papel, da man da ilustradora-autora da imaxe da Semana do Libro desta edición, autora tamén da iconografía da Enciclopedia da Fantasía Popular de Galicia, Galicia Encantada
4º EP
ANIMALARIO. CREAMOS ANIMAIS IMAXINARIOS, Van Divulgación. Partindo de imaxes de animais reais mesturaron  distintas partes dos seus corpos para crear novos seres inventados, propios da ciencia ficción, tal e como fixo o Profesor Revillod no seu Animalario Universal.
Despois tamén  visitaron a exposición  dos traballos dos diferentes centros educativos de Carballo e Coristaco e puideron disfrutar un rato da ludoteca do Pazo da Cultura.


Moitas grazas ao Concello de Carballo por convidarnos a participar dunha semana tan divertida e con unhas actividades tan interesantes!













Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...