Aproxímase a inauguración do Museo de dinosauros no colexio. Todas as aulas están preparando as excplicacións e a presentación da investigación que realizaron ao longo do curso, así como a mostra dos diferentes traballos que elaboraron durante este período.
O alumnado de 5º e 6º E.P. está a preparar a visita daqueles membros da comunidade educativa que desexen acudir á inauguración. Ao mesmo tempo o alumnado de 5º están preparando as auras de realidade aumentada para aqueles/as que queiran ampliar información coa súa tableta ou smartphone.
Xa queda pouco, ti vas vir?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.