26 de maio de 2017

Finalistas do Festival dos Soñadores

Estamos chegando á recta final do PDI De espectadores a protagonistas. Cumprindo cos prazos establecidos nas bases vense de publicar o listado das curtas finalistas do Festival dos Soñadores no blogue do concurso.
Grazas a todos os nenos/as e aos centros educativos pola súa participación.
Sorte aos finalistas!

19 de maio de 2017

Homenaxe á nosa lingua

Na función de hoxe de Os venres son curt@s presentámosvos unha obra realizada polo alumnado de 1º da ESO do IES As Barxas, titorizado por Luz Beloso, titulada "A muller lamprea IV". Destacamos tamén o guión de Miguel Ángel Alonso Diz, que ademais achega a súa voz.

12 de maio de 2017

Aprendendo a voar

No recreo de hoxe proxectarase "Soar" unha curta realizada por Alyce Tzue na Academy of Art University. Esta obra que foi nominada e galardoada con numerosos premios. Esta obra inspirada no Principiño (A. de Saint-Exupéry) traslada a idea de que se te esforzas o máximo por dar o que tes, ás veces consegues máis do que nunca esperaches.

10 de maio de 2017

A ruta escornabot

O próximo venres 12 de maio realizaremos unha nova parada na ruta escornabot e compartiremos as experiencias cos robots coa B.E. Milladoiro de Malpica.

5 de maio de 2017

Cruzamos xuntos?

Nesta nova edición de "Os venres son curt@s" traemos "Bridge", que foi creada polo animador Tin Chian Tei, con música de Greg Gauba e producida por Human Trips Productions no ano 2010.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...