26 de feb. de 2020

NAIS E PAIS DE CONTO

O mércores pasado, 19 de febreiro, tivemos unha nova lectura de Kalesi e da súa nai, Mónica. Nesta ocasión leron " O monstruo de cores"
Tamén trouxeron botes e unhas tarxetas coas cores das emocións . Os nenos e nenas de educación infantil desfrutaron moito deste conto. 
Moitas grazas a Mónica e a Kalesi pola vosa interpretación desta historia! Animamos a todos os familiares que queiran vir a contar algunha historia, conto , crenza popular, etc a Leoteca! As portas están abertas en "Nais e pais de conto".


HOXE LENOS!

O pasado martes 18 de febreiro, en "Hoxe lenos", 3 compañeiras de 4º de EP contáronlle un conto aos nenos/as de 3º e 4º de EP. O conto foi "Medusa se ha vuelto a enfadar". Este conto ten de especial que ten realidade aumentada, é dicir, que á vez que contas o conto podes ver as imaxes na tablet e interactuar cas personaxes. Na nosa biblio, Leoteca, podemos desfrutar de moitos contos con realidade aumentada! Queremos dar as grazas a estas tres compañeiras por lernos e descubrirnos un libro tan bonito da nosa biblio!



19 de feb. de 2020

Noticias de Febreiro no Día a día en Rus

Escoita as últimas noticias da zona. Hoxe, con novidades moi importantes.
NON TE PERDAS O Día a día en Rus.

16 de feb. de 2020

Intercambio de experiencias co CEIP A Cristina o día mundial da radio.

O pasado 13 de febreiro, como xa saberedes, celebrouse o “ Día mundial da radio”. Este mesmo día tivemos a visita de tres compañeir@s do CEIP A Cristina, de 5º de EP  e da súa mestra. Viñeron a gravar un programa de radio en CanosaOnda. Tres alumnas de 6º de EP, Sarai, Laura e Noa explicáronlles como funciona a nosa emisora  e foron as presentadoras do programa especial de humor que podedes escoitar a continuación.


Cando remataron tamén puideron visitar Leoteca da man destas 3 nenas. Foi unha experiencia moi boa para tod@s. Damos as grazas aos compañeiros do CEIP A Cristina pola visita e as nenas de 6º polo boas anfitrionas  que foron!



A meca antroidiña!!


Xa está aquí a meca do antroido cargada de mandatos. Ollade o blogue todos os días para saber o que levar ao colexio.
Eu son a mariñeira do entroido, MECA fágome chamar.


Eu son a mariñeira do entroido, MECA fágome chamar.
Obedece as miñas ordes
se unha catarreira non queres papar e no mar queres traballar.

Luns para a semana ben comezar algo no pescozo deberás levar.
Se o martes queres pásalo ben na escola
deberás traer algo na cachola
O mércores se da casa queres saír algo impermeable debes vestir.
O xoves todo traerás
e na man un barco de papel levarás.










Día mundial da radio: SOMOS DIVERSIDADE



Os centros que temos radio na biblioteca aceptamos un reto: mostrar con verbas que a diversidade é necesaria. Escoitade os nosos nenos de 6º que ben o fixeron. Están de primeiros.

Día mundial da radio

13 de feb. de 2020

NAIS E PAIS DE CONTO


Hoxe en "Nais e pais de contos" tivemos unha visita moi especial dunha ra e un peixe! Viñeron a contarlle un conto, Benxamín, a 1º e 2º de EP.

Queremos dar as gracias dende Leoteca a Mónica e Kalesi pola súa interpretación, aos nenos/as encantoulles !

Seguimos animando ás familias a que participedes nesta actividade. Podedes apuntarvos para contar contos aos grupos que queirades, aínda estades a tempo!

                                                                





HOXE LENOS!

Onte retomamos unha actividade moi especial para o noso alumnado :" Hoxe lemos". A partir de agora, todos os martes durante a hora de ler teremos a grupos de nenas e nenos  de diferentes cursos que lles contarán a outros cursos contos, historias, chistes...
Inauguramos esta actividade ca clase de 4º de EP. Nesta ocasión interpretaron o fragmento da obra que levaron ao Teatro Lido, Maruxa A Mariñeira para 5º e 6º de EP. Grazas pola vosa participación!

7 de feb. de 2020

NAIS E PAIS DE CONTO

O mércores pasado, 5 de febreiro, tivemos a sorte de contar ca nai e co pai de Cris de 3º B. Trouxéronnos o conto " O papón" cunha posta en escena maravillosa. Ambientaron a historia cun faro feito por eles e que quedará como préstamo no cole para o PDI " Amar o mar" . Tamén utilizaron a pantalla e se carazterizaron para a ocasión. 
Moitísimas grazas a mamá e ao papá de Cris pola súa colaboración e ilusión ! Foi unha montaxe boísima!
Para a próxima semana teremos un conto adicado a 1º e 2º de EP! 


4 de feb. de 2020

Creando os nosos gorros de papel!

Ola nenos e nenas!
Está moi preto o entroido e gustaríame que nas vosas casas colaboredes coa decoración do cole.  Para iso  cada un de vós  poderá traer da casa un sombreiro de papel  (cun fío para colgalo) elaborado con papel de refugallo e decorado de xeito libre, con motivos de entroido, mariñeiros, etc. Deixade voar a vosa imaxinación!
Para facilitar a elaboración destes sombreiros deixámosvos varios vídeos que vos poden axudar. Mans á obra!





2 de feb. de 2020

Navegando en paz.

Para conmemora o día da non violencia e da paz elaboramos unha serie de obradoiros. Os nenos e nenas tiñan que escribir un dereito do neno ou nena, decorar un CD co símbolo da paz e deseñar a súa propia pegatina. Os resultados podédelos ver no vídeo.
A PAZ É O CAMIÑO

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...