26 de xuño de 2017

Valoración do curso

Durante o mes de xuño alumnado, profesorado e familias tiveron a oportunidade de participar na avaliación do funcionamento da biblioteca. Nesta entrada vos presentamos os resultados gráficos das respostas presentes nas enquisas e que axudarán a mellorar a programación da biblioteca.

19 de xuño de 2017

Aprendemos con "De espectadores a protagonistas"

Aquí chega o vídeo que elaboraron as aulas de E.I. para presentar o traballo desenvolvido, parte del xa foi proxectado o día da Gala do Festival dos soñadores, titulado "Imos ao cine!".  Tamén incluimos a presentación que fixeron os nenos/as de 6º de E.P. do traballo de investigación que realizaron ao longo do curso, destacar que tanto os guións, como a gravación do vídeo foi realizada integramente polo propio alumnado.

IMOS AO CINE!


AULA DE 6º E.P.


Gustáronvos?

16 de xuño de 2017

Viaxa máis aló das estrelas...

Presentámosvos a guía de lecturas para o verán con recomendacións para todos os niveis de lectura e con tres películas que consideramos interesantes.

6 de xuño de 2017

Gala de entrega de premios

Hoxe celebrouse a Gala de entrega de premios do Festival dos soñadores no Pazo da Cultura de Carballo. Os nenos/as foron os protagonistas da xornada compartindo o seu traballo con alumnado doutros centros e de distintas idades.
Desenvolveron as tarefas necesarias para que todo funcionase correctamente como foi a de acomodadores, realizadores, cámaras, presentación, actuacións, exposicións, coordinación e dirección, o traballo previo está á vosa disposición no blogue do festival. Na retransmisión podedes recuperar algúns destes momentos.

5 de xuño de 2017

Gala Festival dos soñadores

Mañá celebrarase a Gala de entrega de premios do Festival dos soñadores que pon punto final ao PDI De espectadores a protagonistas, que tivo ao cine como centro de interese no Pazo da Cultura de Carballo.

1 de xuño de 2017

Premios do Festival

No mes de maio tivemos un encontro cos nenos/as da E.E.I. Barrionovo (Arteixo) para facerlles o encargo dos premios do Festival dos soñadores. Nesta nova, que redactaron os nenos/as de 4º E.P., accederedes á videoconferencia.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...