30/11/2016

Contos, contos e máis contos!

Durante esta semana tivemos tres sesións de contacontos, xa que aos días habituais de "Hoxe lenos..." e "Nais e pais de conto", engadimos o luns outra sesión de contos representados polas familias. Queremos agradecer e felicitar a todas as familias que están a participar nesta edición de "Nais e pais de conto", por axudarnos a fomentar a lectura entre o alumnado do centro. Tamén aproveitamos a ocasión para felicitar aos nenos/as, así como aos seus titores/as, polas obras que están representando os martes en "Hoxe lenos..."

Retratos robot

O pasado 24 de outubro, coincidindo coa apertura de biblioteca e como punto de inicio do PDI De espectadores a protagonistas, os nenos/as de Educación Infantil participaron nun obradoiro no que tiñan que elaborar un retrato compoñendo unha cara con anacos dos rostros de diferentes actores e actrices.

25/11/2016

Dobre sesión de cine

Hoxe, como xa comentamos na anterior entrada, é 25-N Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Por este motivo, como todos os venres, programamos "Os venres son curt@s", pero nesta ocasión agárdanvos dúas proxeccións.

24/11/2016

25 N: Día internacional contra a violencia de xénero.

O día 25 de novembro de cada ano celébrase o día internacional contra a violencia de xénero. Para conmemorar esta data , dende Leoteca queremos recomendarvos unhas lecturas tanto en galego como en castelán cas que podemos traballar o tema da coeducación e a igualdade. Os nenos/as de 5º de EP elaboraron un mural para expoñer os libros seleccionados.
Ademáis mañá na hora de ler cotaremos contos temáticos en Leoteca.

Recomendación de Leoteca:

Título : O país dos mandóns. 


Autoras: Rodríguez /Justo ,Paloma/Cristina
Editorial: Ediciones Embora, Coruña 2010
Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países: o país do revés, o país das chuches, o país da música...e no país dos Mandóns. O seu paso por este país coincidiu cun gran cambio; grazas a Clara, ese lugar feo e triste , coverteuse nun lugar boito e feliz. Dende entón coñécese como O País da Igualdade.

 Título : Artur e Clementina. 
                                Autoras : Adela Turin e Nella Bosnia
                                 Editorial : Kalandraka
Esta é unha historia fabulada que reivindica  rol femenino na sociedade, combate os esteriotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda necesítanse obras sobre de coeducación e igualdade.
Ademáis podedes ver no seguinte enlace unha historia diferente sobre cenicienta.
"La cenicienta que no quería comer perdices"
(Picade enriba da imaxe)
Resultado de imagen de la cenicienta que no quería comer perdices

23/11/2016

O fogar de Leoteca

Esta semana vimos de rematar a zona taller na que podedes xogar cos escornabot, debuxar, e proximamente crear diferentes obxectos.
A continuación presentámosvos o plano interactivo da biblioteca, que está en proceso de completarse e que vos servirá de guía de acceso.

Contos en familia

A biblioteca acolleu, dentro da actividade de "Hoxe lenos", aos nenos/as de 1º de E.P. representando unha adaptación de "Xela volveuse vampira", unha obra que resultou finalista na edición deste ano do concurso escolar Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. Os nenos/as de 2º e 3º de Educación Primaria escoitaron e desfrutaron desta aclamada obra.

20/11/2016

Recomendación de lectura no mes da ciencia

Como xa sabedes,durante o  mes de novembro a nosa Leoteca e as bibliotecas escolares celebran o mes das ciencias. Dende Leoteca querémoslle facer un guiño as mulleres científicas, centrándonos na vida de Marie Curie. A través do libro Marie Curie da editorial Alba coñeceremos a súa vida e os alumnos/as de 1º e 2º de EP farán unha dramatización  para todo o colexio, un martes , dentro do programa "Hoxe Lenos".

Título: Pequeña & Grande. Marie Curie.
Autora: Sánchez Vegara, Mª Isabel-Frau Isa
Editorial : Alba

"Marie Curie foi a primeira muller Doctora en Ciencias e profesora na Uiversidade de París, ademais e a primeira persoa na historia en recibir dous premios Nobel. Descubriu o radio e o polonio e desarrollou a teoría da radioactividade polo que está considerada a muller máis inspiradora da ciencia moderna."




18/11/2016

Momentos máxicos

Este venres volven as curtas á biblioteca cunha obra na que comprobaremos que sempre é mellor colaborar na procura dun obxectivo común, que traballar de xeito individual. Divertirédevos moito con esta curtametraxe de Disney - Pixar.

14/11/2016

Cantos contos!

A semana pasada comezou o programa "Hoxe lenos..." no que diferentes clases do centro contan historias, dramatizan... tendo como espectadores/as a outros grupos. A actividade desenvolverase durante o tempo de hora de ler dos martes.

11/11/2016

Para os paxaros

"Os venres son curt@s" programa esta semana unha curtametraxe que faranos reflexionar sobre o noso comportamento coas persoas que son diferentes nós. Un xeito divertido de comprobar que todos/as somos diferentes, pero que debemos respectarnos.

08/11/2016

Xela e os escornabot

A mestra Lucía de 1º de E.P. creou un taboleiro para traballar as emocións a través dos escornabot. Presentámosvos as instrucións e o taboleiro para que xoguedes e aprendades no recuncho "Faino ti mesmo".

07/11/2016

Que comece a función!


Vía Pixabay Licenza CC0 DP
Neste cartel atoparedes recursos para iniciar a vosa investigación sobre os diferentes aspectos relacionados co cine, dentro do PDI De espectadores a protagonistas.
Buscade no cartel para visitar os diferentes espazos web e os vídeos.

Novembro mes da ciencia en galego

Esta semana comezamos a celebración de "Novembro mes da ciencia en galego" coa exposición nos andeis situados na entrada de Educación Infantil e 1º-2º de E.P. dos escornabots e libros relacionados cos robots e as máquinas.

04/11/2016

Tempo parcialmente nubrado

Hoxe venres anúnciase tempo parcialmente nubrado na biblioteca, xa que dentro da actividade "Os venres son curt@s" esta semana programamos unha curtametraxe na que se promoven actitudes optimistas, o respecto polos diferentes puntos de vista, aprender a aceptar as características dos demais e as diferencias que poidan existir, entre outros.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...