30/11/2016

Retratos robot

O pasado 24 de outubro, coincidindo coa apertura de biblioteca e como punto de inicio do PDI De espectadores a protagonistas, os nenos/as de Educación Infantil participaron nun obradoiro no que tiñan que elaborar un retrato compoñendo unha cara con anacos dos rostros de diferentes actores e actrices.

A continuación, durante esta semana completaron a actividade dándolle vida á súa personaxe e poñéndolle un nome. Para esta tarefa utilizaron a aplicación Chatter Pix. Nos seguintes vídeos veredes as obras dos nenos/as de 5º e 6º de Educación Infantil que, acompañados polas súas mestras Alba, Alicia Mari, Tamara e Chus, remataron na biblioteca.
No documento están todos os retratos robot dos nenos/as de Educación Infantil.
Para esta actividade utilizamos imaxes de Harrison Ford, Robert de Niro, Clint Eastwood, Angelina Jolie, Meryl Streep, Brad Pitt, Denzel Washington, Jack Nicholson, Lupita Nyong'o, Cate Blanchett e Helen Mirren.











Gustáronvos?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...