04/11/2016

Tempo parcialmente nubrado

Hoxe venres anúnciase tempo parcialmente nubrado na biblioteca, xa que dentro da actividade "Os venres son curt@s" esta semana programamos unha curtametraxe na que se promoven actitudes optimistas, o respecto polos diferentes puntos de vista, aprender a aceptar as características dos demais e as diferencias que poidan existir, entre outros.
Nesta segunda xornada de cine na biblioteca veremos unha curta de Disney - Pixar titulada "Partly cloudy".
Agardamos que vos guste e que comentedes dándonos a vosa opinión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...