A mestra Lucía de 1º de E.P. creou un taboleiro para traballar as emocións a través dos escornabot. Presentámosvos as instrucións e o taboleiro para que xoguedes e aprendades no recuncho "Faino ti mesmo".
Para poder xogar é necesario ler o libro "Xela volveuse vampira" de Fina Casalderrey, ilustrado por Noemí López e publicado por Baía, deste xeito a través do xogo realizaremos a comprensión lectora da lectura e ademais traballaremos as emocións.
Non vos esquezades de darnos a vosa opinión!
Gustouvos este xogo?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.