A semana pasada comezou o programa "Hoxe lenos..." no que diferentes clases do centro contan historias, dramatizan... tendo como espectadores/as a outros grupos. A actividade desenvolverase durante o tempo de hora de ler dos martes.
Esta semana comeza outra actividade na que contamos coa colaboración das familias do alumnado. Familiares dos nenos/as dramatizan historias, contan contos, charlan co alumnado sobre algún tema... a outros grupos de alumnos do colexio.
Queremos agradecer a implicación tanto dos mestres/as como das familias, que son as que permiten o desenvolvemento destas actividades que tanto gustan aos nenos/as.
O calendario de representacións dos meses de novembro e decembro está publicado na columna lateral da dereita.
Moitas grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.