30 de out. de 2015

Cartel para investigar

Co seguinte cartel pretendemos axudar tanto ao alumnado, como o profesorado, a realizar a procura de información para desenvolver os traballo relacionados co PDI DinosauRus, que ,como sabedes, está dedicado aos dinosauros.

http://ceipcanosarus.edu.glogster.com/dinosaurus/

En outono... Le sen medo!

Pixabay Licenza CC0 DP
Tríptico coas recomendacións de Leoteca para o Samaín.

Para nós a biblioteca é...

O pasado venres 23 de outubro celebramos no centro o Día da Biblioteca. Decicimos homenaxear á nosa Leoteca gravando un vídeo no que o alumnado de cada un dos cursos do CEIP Canosa-Rus nos contase que era para eles/as a biblioteca.
A continuación vos presentamos como quedou, agardamos que vos guste.

27 de out. de 2015

Dinoconcurso: semana 1

Coñeces a organización da biblioteca? Imos comprobalo. Nesta primeira semana do Dinoconcurso terás que atopar os tres libros que detallamos a continuación.

Comeza o Dinoconcurso: as normas

Xunto co arranque do PDI DinosauRus esta semana queremos comezar un xogo, que denominamos Dinoconcurso, no que teredes que atopar libros ou información utilizando os recursos da biblioteca. Durante as primeiras semanas tedes que demostrar que coñecedes a organización e clasificación dos libros, polo que deberedes atopar unha serie de libros, seguindo as pistas que vos iremos dando.

22 de out. de 2015

Día da biblioteca

O próximo sábado 24 de outubro será o Día da Biblioteca, e Leoteca non quere pasar ese día sen unha felicitación. Con este motivo mañá venres 23 os nenos/as do CEIP Canosa-Rus farán a súa homenaxe a este espazo tan importante no centro, que alberga grandes tesouros, estimula a nosa imaxinación e nos axuda na nosa aprendizaxe a través de todo o coñecemento que alberga.
Pero non vos esquezades que a mellor maneira de homenaxeala é mantela viva, chea de lectores/as que acotío utilicen os seus recursos.

16 de out. de 2015

As mochilas viaxan de novo

As mochilas viaxeiras comezaron hoxe as súas viaxes polas casas dos nenos/as do CEIP Canosa-Rus.
Neste curso todas as mochilas conteñen catro libros, ademais da libreta viaxeira, na que plasmar a vosa experiencia cos libros, lembrade ler o que outros compañeiros/as escribiron ou debuxaron no curso pasado.

Un pouco de medo, por favor!

Aproxímase o Samaín e desde a biblioteca queremos propoñervos algunha lectura para que pasedes medo, pero un "medo divertido".
Neste curso seleccionamos libros que tratan sobre diferentes tipos de medo: ás pantasmas, aos zombis, á morte, aos vampiros, aos monstros, entre outros. Na entrada de diante colocamos libros axeitados para prelectores e primeiros lectores/as e na entrada de atrás libros para lectores/as autónomos e expertos.








10 de out. de 2015

Investigamos e aprendemos sobre os dinosauros

A biblioteca acolleu o venres as actividades de inauguración nas que tiveron oco o teatro e diversos obradoiros nos que os nenos/as, ademais de investigar e aprender sobre os dinosauros, xogaron a ser paleontólogos, resolveron puzzles e tamén crearon sinalizadores para a biblioteca. Aproveitamos estas actividades para introducir e relizar a motivación do proyecto DinosauRus, que estará adicado aos dinosauros.
A continuación algunhas imaxes de distintos momentos da xornada.

9 de out. de 2015

Carta desde algures de Leoteca

Na bandeixa de entrada apareceron novas mensaxes de Leoteca para os diferentes cursos que queremos trasladarvos:


8 de out. de 2015

Viaxa connosco a través dos libros!

Pixabay
Licenza CC0 DP
Mañá venres, Leoteca abriranos as súas portas. Para celebralo queremos que sexa unha xornada especial, na que participe todo o alumnado do centro. Para iso programáronse distintas actividades que se desenvolverán durante a xornada escolar. Quizais Leoteca deixe algunha mensaxe de benvida, polo que estade atentos tanto no blog como nas aulas.

5 de out. de 2015

Ledicia Costas premio Nacional Literatura Infantil e Xuvenil


Unha autora galega, Ledicia Costas, vén de ser nomeada premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil neste ano 2015, grazas a súa obra "Escarlatina, a cociñeira defunta", que ademais está escrita en galego.
Parabéns Ledicia!

2 de out. de 2015

Estamos rematando...

Tras un período no que comezamos a renovar a ubicación e clasificación dos libros, estamos a piques de rematar. Temos que anunciarvos que xa temos data para a reapertura, será o martes 13 de outubro.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...