22/03/2015

Día mundial da poesía

¿Qué es poesía? (Rima XXI)

¿Qué es poesía? - dices mientras clavas
en mi pupila tu pupila azul.
¿Qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas?
Poesía... eres tú.

Gustavo Adolfo Bécquer


O sábado 21 de marzo celebrouse o Día mundial da poesía promovido pola UNESCO.

19/03/2015

Concurso interestelar. Semana 3: a solución

Finalizou a 3ª semana do noso concurso e nesta entrada atoparedes a solución ás tres preguntas que se facían. Lembrade que só queda unha semana para proclamar aos tres premiados e que serán os que máis puntos teñan o 25 de marzo.

17/03/2015

Concurso interestelar. Semana 4

Como xa sabedes este venres 20 de marzo producirase unha eclipse solar, que poderá ser vista desde Galicia. Por este motivo a proposta para esta semana é diferente á das semanas anteriores, xa que vos daremos o título do libro e o que tedes que buscar é a seguinte información:

Eclipse Solar 20 de marzo

Ola, rapazas e  rapaces!
Xa sei que seguides inmersos no Proxecto " Rus entre planetas", pois aproveitade para ver o próximo venres 20 de marzo o eclipse parcial de Sol. Estade moi atentos porque comezará sobre as 09:00 h da mañá. E ademais ese día non hai colexio! Lembrade utilizar unhas gafas especiais para eclipses, xa que pode ser moi perigoso para os ollos. Para máis información podedes consultar estes vídeos.



13/03/2015

Poesía na rede

Se poetas galegos queres coñecer,
e uns poemiñas recitar
no blogue "son de poetas" has de premer
soa a música e ponte a cantar.

05/03/2015

Entrega de premios "Nós tamén creamos!"

O vindeiro venres 6 de marzo, os alumnos de 2º e 3º de Educación Primaria, asistirán ao acto de entrega de premios do concurso de curtametraxes,  NÓS TAMÉN CREAMOS! 2013-2014. O evento terá lugar na Casa Museo de Rosalía en Padrón. 
Recollerán  o primerio premio da categoía de 1º ciclo de Educación Primaria, pola curtatametraxe "Non quero ser un polbo"
Para poder ver a curtametraxe picade aquí enriba!

CEIP Canosa Rus "Non quero ser un polbo"

Tamén podemos escoitar a continuación o poema de Rosalía de Castro, "Adiós ríos, adiós fontes", en homenaxe a esta autora, xa que despois da entrega de premios e  por cortesía do Patronato da Fundación Rosalía de Castro  farannos unha visita guiada á casa da poetisa.


02/03/2015

Concurso interestelar. Semana 2: a solución.

Finalizou a 2ª semana do noso concurso e chegou o momento de solucionar as preguntas que agachaban dous libros da nosa biblioteca. No 2º ciclo houbo moitas respostas e todos/as os que participaron poderán optar aos premios finais para os tres nenos/as que máis puntos teñan o 25 de marzo. No 1º ciclo de Educación Primaria non houbo participación, polo que non haberá premiados.

Concurso interestelar. Semana 3.



A proposta para esta semana é atopar un libro. As preguntas que terás que responder son:

1. Cal é o TÍTULO  do libro?
2. Quen é o AUTOR?
3. Cal é o ALCUME do protagonista da obra?


Para poder atopalo dámosvos tres pistas que deberedes seguir:


1.- Está ubicado na sección de Lectores Expertos.

2.- O número de Rexistro é:
82N
MAR
sai

 

3.-  Este libro relata a vida dun aviador, que tamén foi escritor.



Debido a que a busca das respostas desta semana pode levar un pouco máis de tempo a data na que finalizará o prazo para responder será o 15 de marzo.
Agora a concursar! MOITA SORTE!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...