19/03/2015

Concurso interestelar. Semana 3: a solución

Finalizou a 3ª semana do noso concurso e nesta entrada atoparedes a solución ás tres preguntas que se facían. Lembrade que só queda unha semana para proclamar aos tres premiados e que serán os que máis puntos teñan o 25 de marzo.
 As preguntas e respostas desta semana foron:

1ª pregunta: Cal é o título do libro? O título, que pertence á colección ME LLAMO, é Saint- Exupéry. Trátase dunha biografía do autor de, entre outros, o Principiño.
2ª pregunta: Quen é o autor/a? A autora é Meritxell Martí e o ilustrador Valentí Gubianas.

3ª pregunta: Cal é o alcume do protagonista da obra? Nesta pregunta había dúas posibles respostas, xa que de pequeno chamábano Rei Sol e cando entrou a un novo colexio puxéronlle o alcume de Cuerno de Luna. Polo tanto calquera das dúas respostas era válida.

Tras revisar todos os comentarios da entrada desta semana darémoslle 4 puntos ao primeiro/a en responder, 3 ao segundo/a, 2 ao terceiro/a, 1 punto aos seguintes que contestaron correctamente e 0 puntos aos que non contestaron algunha das preguntas de xeito correcto, tivemos en conta que estivesen ben escritas as respostas, polo que non vos esquezades de repasar o que escribistes para comprobar que non hai erros.
A clasificación esta semana queda do seguinte xeito:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...